Beflamboyant, camiñando cara a sostibilidade

Detrás da marca Beflamboyant están Jorge e Tatiana, unha parella galega comprometida a ter un impacto positivo no mundo. Amantes dos animais, apaixonados da natureza salvaxe, fanáticos das zapatillas de deporte e guerreiros baixo o lema #ZeroWaste. Foron estes ideais os que que os levaron a crear Beflamboyant, preocupados pola sostibilidade e o consumo consciente. Sen coñecementos previos na industria da moda, pero cheos de entusiasmo e enerxía positiva, esta parella quere cambiar o presente no sistema da moda traballando de forma activa e constante para reducir a pegada da industria téxtil. En Beflamboyant están constantemente aprendendo, mellorando e evolucionando para ofrecer un mellor produto, mentres que nos animan a actuar agora para un mellor mañá baixo o lema #DoingChange.

Beflamboyant naceu nunha viaxe na que nos demos conta do irreversible que é a pegada que as marcas, os consumidores e todos nós estamos a deixar no planeta e o moito que o noso futuro depende das decisións que tomemos hoxe para mellorar o noso presente. Esta marca é, polo tanto, o resultado dun soño conxunto de crear un proxecto de moda sostible e responsable co medioambiente, así como coas persoas e os animais, que, ademais, pretende ter un impacto positivo no noso lugar de orixe. O nome da marca é un xogo de palabras: «be», do verbo «ser», e «flamboyant», que en inglés significa «extravagante, único, diferente». Ademais, o Flamboyan é unha árbore incrible, dos máis coloridos do mundo coas súas flores vermellas e alaranxadas. Por iso o selo da marca é unha árbore, moi relacionado coa súa filosofía de respecto pola natureza e o planeta.

Beflamboyant é unha marca vegana, sostible, feita baixo condicións xustas. A súa filosofía trata de cambiar a forma na que consumimos, concienciando á nosa comunidade. De feito, podes ver na súa web a frase «Non compres Beflamboyant se non necesitas un par de zapatillas. En serio. Non o fagas». A súa misión por cambiar o sistema de moda e a forma en que consumimos é real e pasa por reciclar, reutilizar e repensar o que é unha tendencia e o que é realmente necesario. Se aínda así queres comprar un par de zapatillas xeniais, adiante, faino e faino a conciencia: elixe un deseño orixinal, feito con materiais ecolóxicos de calidade, cunha produción e cadea de subministro responsables.

Entre os seus produtos máis destacados atopamos Manimal (129,95€), unha zapatilla altamente reciclada, con pel de millo, forro de bambú e cordóns de algodón orgánico. A súa sola proporciona a máxima comodidade con cada pisada. Manimal é duradeira e rapidamente converterase no teu básico de armario. Ademais, atoparala na súa web en cores diferentes. Por se o anterior fose pouco, o seu packaging é # ZeroWaste e inclúe unha bolsa de yute e unha tarxeta con sementes que poden plantarse.

Pero Manimal non é o único modelo que nos ofrece Beflamboyant, senón que no seu amplo catálogo atoparás una morea deles. Por exemplo, a súa elegante primeira colección Black Coco (129,95€); Street Vainilla (129,95€), o seu modelo máis urbano e confortable, unha zapatilla feita para durar unha eternidade. E, por último, os modelos Ux68-Sand (129,95€) e Life Loto (99,95€) dous clásicos da marca feitos con materiais altamente reciclados que son un fondo de armario ideal para todos e todas.

Podedes ir probar e mercar as zapatillas ao showroom que teñen en Pontevedra cidade e podedes enviarlle un WhatsApp para resolver calquera dúbida que teñades ao 986 861 652.

Pisa forte e coida o teu Planeta!

Web: www.beflamboyant.com

Facebook: @beflamboyant

Instagram: @beflamboyant.brand

Dirección: Rúa Pintor Luis Seoane Nº1 Bajo derecha 36003 Pontevedra

REVISTA VERAN
The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.

Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)