CAMELIAS MASCOTAS

Donde viven los cuentos: tres mulleres e un plan

O próximo 4 de xullo abre as portas Donde viven los cuentos, un centro de aprendizaxe en plena natureza, no que se aproveitan todas as vantaxes do medio ambiente para a estimulación e a aprendizaxe.

Hai uns anos que Carla Muñoz, especializada en literatura infantil, botou a andar en solitario cun plan de seu. Axiña se lle sumou Loreto Pertíñez, achegando unha compoñente de educación emocional e psicoloxía infantil. Neste percorrido, Flavia Barrio, con formación en educación ambiental, chegou para poñer o ramo e completar a tríade. Unidas pola paixón pola infancia e a natureza, formaron unha cooperativa co soño de mudar unha casa vella nun espazo de aprendizaxe vivencial para cativos. A idea parecía unha loucura, pero hoxe é unha realidade: o vindeiro 4 de xullo inaugúrase un novo espazo educativo baixo o nome de Donde viven los cuentos.

O conto de Maurice Sendak, Onde viven os monstros, inspira o nome deste centro de formación infantil que se desenvolve en plena natureza, aproveitando todas as vantaxes do medio ambiente para a estimulación e a aprendizaxe. Quen podería crer que unha casa do século XVIII ía albergar unha escola? Conta cun terreo de máis de 3.000 m² con bosque, horto e xardín comestible; cociña, aulas no interior e no exterior, patios… Todo baixo a ensinanza de pedagoxías alternativas.

REVISTA NOVEMBRO

Este verán acollerán campamentos, festas de aniversario, obradoiros en familia e outros eventos. Será a partir de setembro cando abran as portas como centro de aprendizaxe para un alumnado de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos polas mañás e ata os 9 anos en horario de tarde, podendo escoller o tempo e o horario que cada familia prefira. Un lugar onde a conexión coa natureza se trata de ti a ti.

Rúa da Tarela, 28-B (Nigrán) | 637 91 48 34 | info@dondevivenloscuentos.es |dondevivenloscuentos.es | @dondevivencuentos

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.