REVISTA ABRIL

O festival Stomp and Holler volve á carga con tres concertos en tres salas

Tres días, tres salas e tres concertos. Esa é a premisa do festival Stomp and Holler, creado pola Asociación Cultural River Bucks, que este ano celebra a súa segunda edición os días 7, 8 e 9 de febreiro. O seu obxectivo é o de traer aos diferentes espazos da cidade rock, blues e demais música de raíz americana a través de bandas internacionais. Este ano, ademais, contamos con presenza local grazas á banda BlackStereo. Podes mercar o teu abono por só 20€ premendo aquí. Saca a túa axenda e toma nota.

JAMES ARMSTRONG BAND. Venres 7 na Sala Rouge. 22h

Naceu en 1957 en California. Cando a súa carreira musical comezaba a despegar tras a publicación do seu primer álbum Sleeping with The Stranger, James é apuñalado na súa propia casa por un intruso, sufrindo graves feridas das que pouco a pouco iría recuperándose, aínda que as secuelas están presentes hoxe en día cunha dor crónica e permanente na man esquerda.

Cun gran esforzo e grazas á axuda de amigos como Joe Louis Walker ou Doug Macleod ás guitarras, un ano despois daquel fatídico momento publicaría Dark Night, un verdadeiro exemplo de superación e un disco imprescindible para calquera amante do blues.

WILLIAM THE CONQUEROR. Sábado 8 en La Iguana Club. 22h

William The Conqueror, procedentes de Reino Unido, están liderados por Ruarri Joseph , un dos maiores expoñentes da música británica nos últimos anos. Traerán ata Vigo unha boa dose da súa música en directo, esa que oscila entre o indie, a americana, o pop ou o grunge. Son capaces de crear un universo cargado de infinidade de sensacións sonoras, que de seguro que non deixarán indiferentes a ningún dos que se acheguen aos seu concerto.

REVISTA ABRIL

MARCO CINELLI & DANNY DEL TORO + BLACKSTEREO. Domingo 9 en Radar Estudios. 20h

Marc Cinelli, acompañado polo español Danny del Toro, serán os encargados de abrir a última xornada do Stomp & Holler. Poderemos de ver de cerca a un dos músicos italianos máis importantes dos últimos anos, co gran Danny do Toro e a súa harmónica cubríndolle as costas a base de blues, folk, americana…

Tras eles e para pechar os tres días de festa e música en directo subiranse ao escenario unha das bandas máis animadas do panorama local, BlackStereo. Liderados pola voz de Toño López (The Soul Jacket) ofrecerannos un perfecto broche final a base de R&B, soul, funk e infinidade de ritmos de música negra para bailar e que marchemos a casa cargados de enerxía positiva e un sorriso de orella a orella.

(GMT+01:00) Sala Rouge

(GMT+01:00) La Iguana Club

(GMT+01:00) Sala Rouge