Entendendo o cerebro dun neno
Os nenos veñen ao mundo, sen manual de instrucións. A boa nova é que a educar, como moitas outras cousas, tamén se aprenden. Entender o cerebro infantil permítenos entender mellor aos nosos fillos, adiantarnos ás súas reaccións ou entender por que fan o que fan en determinados momentos ou situacións. Este é o obxectivo da charla do neuropsicólogo Álvaro Bilbao, que organiza O Castro British School este xoves ás 19.00h.
En ocasións sentímonos impotentes ou frustrados á hora de abordar un conflito ou un momento difícil co noso fillo. ¿Quen non viviu un enfado na cola do supermercado coa cantidade de doces que se lles amosan á hora da saída? En situacións cotiás, como a hora de vestirse ou apagar a tele podemos vernos desbordados coa situación que se xera.
Podemos comezar por entender un pouco o funcionamento do cerebro. É un exercicio que te aseguro que che axudará moito. ¿Sabías que o cerebro non está totalmente desenvolvido ata os 25 anos? Con isto xa che digo moito, pero profundemos un pouco máis. A pesar da súa complexidade e das moitísimas seccións que o compoñen, imos dividilo en 4 partes: superior, inferior, lado esquerdo e lado dereito.
- O lado esquerdo é o que nos axuda a pensar de maneira lóxica e a razoar os nosos pensamentos.
- O lado dereito é o emocional, onde están todas as emocións que sentimos.
- A parte inferior, tamén chamado cerebro reptiliano, é o máis primitivo. Encárgase da supervivencia, de manternos alerta. Ante calquera estímulo ou intuición de perigo fai que reaccionemos de dúas formas: loitar ou fuxir.
- A parte superior é a parte “intelixente”, a que procesa, a que nos integra, a que nos axuda a expresarnos, a tomar as decisión adecuadas ou a xestionar as nosas emocións de maneira correcta.
Esta última parte é a que tarda ata 25 anos en formarse e por iso dificilmente podemos pedirlle aos nosos cativos que a empreguen. Os nenos queren porriba de todo sentirse ben, estar preto de nós, ser útiles e importantes, pero a maior parte das veces non saben como logralo. No seu cerebro non hai conceptos, nin lóxica, nin normas tal como as coñecemos no mundo adulto. Un neno funciona co seu cerebro inferior, e recordemos que ante unha situación desagradable como é a que pode desencadear unha rabieta vai a reaccionar loitando ou fuxindo. De aí que moitas veces queiran pegarnos, empurrarnos, marchar a esconderse…
En cambio nós, como pais e adultos cun cerebro pleno, podemos escoller entre deixarnos levar polo noso cerebro primitivo e seguir loitando ou fuxindo da mesma maneira, ou apelar ao noso cerebro intelixente, que nos axuda a manter a calma e a buscar a mellor solución. Por iso podemos aplicar estes consellos en nós mesmos para ter un maior autocontrol e xestión das emocións en situacións de estrés, por exemplo , cando o noso fillo está en plena perrencha.
Se quedaches con ganas de saber un pouco máis ou che interesa profundar en este tema para un maior entendemento da mente infantil recoméndoche dous libros moi sinxelos de ler: El cerebro del niño, de Daniel J. Siegel y Tina Payne; e El cerebro del niño explicado a los padres de Álvaro Bilbao
Este último autor, Álvaro Bilbao, é doutor en psicoloxía, neuropsicólogo e experto en plasticidade cerebral. O xoves día 25 estará dando a conferencia online “Construíndo Mellores Cerebros”, organizada por O Castro British School e que recomendo ver todos os que teñan o oportunidade. O acceso á actividade é gratuíto, mais cómpre rexistrarse cumprimentando este formulario na web da escola. Podes atopar máis información na sección de pequerrechos da nosa web de eventos.
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023