VIALIA
REVISTA MARZO

Goza dun Nadal en familia co VI Festival Pequeártiko

Como cada Nadal volve o VI Festival Pequeártiko, o evento máis lonxevo da Sala Ártika. Este ano serán oito as compañías que se subirán ao escenario situado na Avenida de Beiramar 113, que nos ofrecerán unha gran variedade de espectáculos que teñen como punto en común que todos eles son para público familiar. O festival comezará o sábado 19 de decembro e rematará o domingo 3 de xaneiro. Preme aquí para mercar entradas anticipadas.

O LIBRO DA SELVA (do sábado 19 ao mércores 23 ás 18:00; domingo 20 e xoves 24 ás 12:00)

Mowgli é curioso, desobediente, bobo e atrevido. Como calquera rapaz que coñezas. Esta nova adaptación da historia de Rudyard Kipling fala sobre a estraña historia dun neno perdido da selva india. Acabará sendo adoptado por Baloo o Oso, a pantera Bagheera e todos os demais animais que chaman á misteriosa xungla fogar. Esta adaptación de ritmo rápido manterate pegado ao borde do asento mentres Mowgli atópase cara a cara con monos folgazáns, voitres ruidosos e o seu inimigo mortal: o tigre, Shere Khan. O novo espectáculo de Teatro Avento ponlle cancións e coreografías a esta eterna historia, palo que non pasa o tempo, que fala de valores como a camaradería, o sentido de comunidade e a tolerancia aos distintos a nos.

SON RECUERDOS (sábado 26 ás 18:00)

Unha procura do perdido, un reencontro co esquecido. A relación dunha parella e os seus vestixios cando termina. Unha proposta cara aos sentimentos desde a melancolía e o amor. Sensacións que moven emocións. Alodeyá pon en escena unha proposta coreografiada de danza, teatro, poesía e circo que se mesturan a ritmo de música en directo. Edu e Laura acompáñanse de Sofía ao piano, batería e voz, nunha bonita historia de amor, unha ben trazada interactuación de música e movemento. 

MERENDA CON PAN DE MILLO (domingo 27 ás 18:00)

“Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “Pan de millo”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña Abuela Manuela”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.

REDONDO (luns 28 ás 17:30 e 19:00)

“Redondo” é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.A mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día , na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.

TITIRICIRCUS (martes 29 ás 18:00)

Unha lembranza ensoñadora e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo có público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo…

A IGUALDADE NON TEN TRUCO (mércores 30 ás 18:00)

Por que hai máis magos que magas? É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. A igualdade non ten truco é un espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe moi importante nestes tempos.

UMMM!! UNHA COMEDIA MUSICAL… PARA CHUPAR OS DEDOS (xoves 31 ás 12:00)

A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios, decide contratar a un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes día. O problema é que , as veces, esas novas ideas da cociña moderna poida entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana.

A GRAN VIAXE (sábado 2 de xaneiro ás 17:00 e 19:00)

Banner A Movidiña

A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio soben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase… Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado. A gran viaxe é un espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.

CUENTOS Y CANCIONCITAS DE GATOS, RATONES Y RATITAS (domingo 3 de xaneiro ás 12:00)

O rato Martin e a gatiña Carlota cos seus coñecidos contos e cancións, presentarannos as máis famosas historias de gatos e ratos: A Ratiña Presumida, O Señor Don Gato, O Rato Pérez, O Gato con Botas, O Twist dos ratos, Debaixo dun botón, O Gato mimoso… Un espectáculo de iniciación á música coas cancións máis populares de gatos e ratos onde os máis pequenos e pequenas, poderán descubrir e gozar o repertorio das nosas cancións máis tradicionais e espertar o sentido musical. Unha pequena xoia con música e cancións, obxectos, bonecos e sorpresas.