Marlango e o Gran Wyoming, cabezas do cartel musical de Cans
Ademáis de polo cine galego e os coloquios sobre o séptimo arte, o Festival de Cans é esperado pola súa programación musical. Máis dunha veintena de artistas subiranse aos distintos escenarios para ofrecer os momentos máis lúdicos do certame do ‘agroglamour’, que celebra do 22 ao 25 de maio a súa decimosexta edición.
A música é xa un dos reclamos principais do Festival de Cans. Polos seus escenarios, repartidos entre leiras da veciñanza, torreiros e o ‘agroglamuroso’ Cans Voulevard, pasaron en anteriores edicións artistas como Depedro, Los Secretos, Triangulo de amor Bizarro, Marlango ou o Gran Wyaming. Estes dos últimos repiten actuación na presente edición do festival organizado dende a Asociación Cultural Arela baixo a dirección de Alfonso Pato.
A fin de semana concentra o maior número de actuacións musicais e os primeiros en subirse o venres ao palco serán Marlango, o grupo madrileño formado por Leonor Watling e Alejandro Pelayo que comezará ás 20:30 na Leira de Alicia. A entrada é gratuíta, pero ollo, haberá que recollela a partir das 18:30 no posto de merchandaising a razón dunha por persoa. Seguidamente chegará o rock escuro de The legendary Tigerman, grupo liderado polo portugués Paulo Furtado. Será ás 12 da noite no Torreiro de Cans. Os que aínda teñan folgos que non se movan do Torreiro, pois a noite pecharase cunha sesión de ‘discochimpín’ a cargo de Bflecha DJ.
O sábado será posible moverse toda a tarde de concerto en concerto e non perderse a este triplete vigués. A partir das 16:30 a cantautora MJPérez ofrecerá o seu pop-rock dende o escenario do Cans Voulevard. Ás 17:30, a música trasládase ao Parque do río, onde espera a voz única e os loops de Su Garrido Pombo. E unha hora despois, ás 18:30 de volta no Cans Voulevar, será o turno de Patricia Moon. Esta última, cantante e violinista, forma ademais parte do xurado dos videoclips do Festival.
Entrada a tardiña, Dakidarría soará no Torreiro cun espectáculo en acústico antes dun dos momentos musicais máis esperados do Festival, a actuación de Gran Wyoming y los insolventes. O presentador de ‘El intermedio’ conságrase como colaborador destacado e colocará unha estrela co seu nome no Cans Voulevar.
Haberá ademáis dúas actividades que mesturan audiovisual e música e que supoñen dous estreos de artistas galegos consagrados. O sábado ás 19h, Budiño estará presente na proxección dunha retrospectiva do seu traballo a través de videoclips e presentará o seu último traballo ‘Fulgor’, no invernadoiro de Mucha do Peso. No mesmo lugar, a partir das 22h, estará Antón Reixa interpretando en primicia a súa última creación: Melancoholemia, un traballo que combina poesía, música e audiovisuais.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Heavy Lungs, Pantomima Full e Samaín esta fin de semana en Vigo - 30 Outubro, 2024
- Centros comerciais e barrios celebran unha fin de semana terroríficamente divertida - 29 Outubro, 2024
- Galicia, punto vegano - 22 Outubro, 2024
- Amaral, Berto Romero e La Ruina participan no festival vigués que rende tributo ao Hematocrítico - 15 Outubro, 2024
- Vigo acollerá o festival internacional de cine Marengo Fest - 14 Outubro, 2024