VIALIA
PLAYDOC

El Gran Wyoming: “Saio de El Intermedio coa cabeza coma un bombo, véñome a facer un rock & roll e volvo novo”

José Miguel Monzón máis coñecido por todos como El Gran Wyoming estará mañá en El Ensanche con Los Insolventes facendo un repaso a grandes temas do rock nacional e internacional dende os anos 60 á actualidade. Falamos con el de música, televisión, luces e política.

Levas dez anos de xira con Los Insolventes posiblemente trátase dunha das xiras máis longas da historia.

Efectivamente, creo que estamos a bater récord mundial porque son dez anos ininterrompidos. No verán tampouco paramos, marchamos a Cádiz, eu teño unha casa alí, e seguimos tocando pola costa de Cádiz.

E iso que o grupo xurdiu de casualidade.

Exacto! [risas]Estaba eu nun bar e estaba tocando Última Experiencia, o grupo que cando toca comigo son Los insolventes, no descanso achegueime a saudalos e decirlles o ben que soaban. Convidáronme a subir a cantar con eles, ao dono do bar gustoulle e dixo que por que non facíamos un repertorio e iamos tocar alí.

Principalmente facedes versións.

Temos algún tema propio, pero nos divertimos máis renovando o repertorio, facendo versións, tocando o que nos apetece en cada momento.

Teño entendido que os vosos concertos son unha viaxe cronolóxica polo rock dende os 60.

Exactamente, desde grupos ingleses da época de orixe do rock & roll, pop británico, música americana da costa oeste, grupos españois… É un repertorio moi variado.

Fas El Intermedio tódolos días, escribes libros e as fins de semana vaste de concertos… iso é aproveitar ben o tempo.

Unha cousa compensa a outra… Eu saio do programa coa cabeza coma un bombo por todo o contido que damos, entón véñome a facer un rock & roll e volvo novo, reseteo o disco duro completamente.

Con cal destas tres facetas quedarías?

Son todas complementarias. A música permíteme facer o programa durante máis tempo, senón creo que se me faría demasiado duro. E ao revés, porque da música tampouco podería vivir. E o de escribir é un exercicio que fago porque durante a semana teño tempo e gústame.

Como te formaches como músico?

Con 20 anos xa estaba nunha banda de rock & roll pero claro, o da música é moi diferente á televisión. Estou facendo un programa que ven dous millón de persoas tódolos días para que me vira toda esa xente como músico tería que estar tocando 40 anos sen parar. Nunca fun unha estrela da música, tocamos en locais de 300, 500 persoas… Non ten nada que ver a repercusión que ten unha cousa e ten a outra. A xente coñéceme pola televisión.

Entendo que moita da xente que vai aos teus concertos e xente que te sigue na televisión.

A maioría. O que pasa é que por sorte nos sitios onde tocamos volvemos a tocar. Por exemplo, no Ensanche vai ser a 12ª o 13ª vez que tocamos, entón xa vén xente que sabe o que vai a ver. Ao principio a xente non sabía si era un monólogo ou que ía ser aquilo.

Así que en Vigo xa te sentirás como en casa.

En Galicia reclámannos moito e nós vimos encantados. Fíxate que o concerto e mañá a noite e xa estou por aquí de comida.

Lin que xa estableces a túa xira como unha ruta gastronómica.

Sen dúbida. A gastronomía e a xente. Cumprín 63 anos e teño que aproveitar. Iso de vir, montar, tocar e marchar pitando non é para min. Eu se veño a Galicia quero estar en Galicia.

Fai pouco concedestes o premio Apolo a Caballero en El Intermedio. Pasaraste a ver o alumeado?

Será inevitable porque si é tan espectacular como din non vou poder esquivalo [risas]. Vereino encantado, creo que todo o que sexa promover sempre vai ben.

Caballero ten sido protagonista algunha vez máis de El Intermedio.

El préstase coas súas aparición públicas, creo que o fai para iso.

Levantas odios e paixóns e en parte creo que é por que nunca calas o que pensas?

Cando fas un programa diario de información política parece que tes necesidade por contar cousas, pero en realidade é o meu traballo. A diferenza do que parece non acostumo a dar a miña opinión a non ser que ma pregunten. Agora ben, a liberdade eu creo que é para exercela e se non a exerces ademais quítancha.

Como estás a vivir o que está acontecendo con Dani Mateo?

Mal. Son cousas que antes non acontecían. A liberdade de expresión está moito máis restrinxida agora que fai uns anos, de lonxe. É un aviso a navegantes. Para que a xente saiba que aquel que fale pódese meter en líos. Dani Mateo é o cabeza de turco para enviar unha mensaxe á sociedade.

A ti te fixeron calar algunha vez?

Eu traballo cun guión que pasa por onde ten que pasar e o que pasa aí eu non o sei. Non son eu quen decide o contido.

Por que lle dirías aos vigueses que vaian ao concerto deste sábado?

REVISTA MAIO

Porque é un espectáculo de gran calidade, unha gran festa da música e o van pasar moi ben. As veces os concertos se prolongan incluso demasiado porque a xente pide máis e máis… nunca ninguén sae defraudado.

Piden máis e non sabedes dicir non entón?

Pois non, porque xa que estou enchufao e quente tiro para diante.

(GMT+01:00) El Ensanche

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.