JORGE PARDO

O PAZO DE CASTRELOS: UNHA EXPERIENCIA PRÁCTICA NA XESTIÓN E RESTAURACIÓN DE XARDÍNS HISTÓRICOS

14mar09:3013:30O PAZO DE CASTRELOS: UNHA EXPERIENCIA PRÁCTICA NA XESTIÓN E RESTAURACIÓN DE XARDÍNS HISTÓRICOSACTIVIDADES PARA O COCO | De balde09:30 - 13:30(GMT+01:00) Xardíns do Pazo de Castrelos

Detalles do eventos

Este mes de marzo fanse cen anos desde que o Pazo Quiñones de León foi doado á cidadanía de Vigo polo Marqués de Alcedo, Fernando Quiñones de León. Para conmemoralo o Concello de Vigo ten programadas varias actividades entre as que se incluén concertos nos xardíns, cine ao aire libre ou visitas teatralizadas. O programa arranca a próxima semana con dúas actividades.

O martes 11 de marzo, coincidindo co día no que se cumpren os cen anos, ás doce do mediodía terá lugar unha ofrenda floral no busto do Marqués de Alcedo, no xardín histórico. A continuación inaugurarase a exposición Recordos do Marqués de Alcedo, na biblioteca do pazo. E por último, haberá unha breve actuación musical do dúo Fernando Raña (frauta) e Alba Barreiro (arpa).

Mentres o venres día 14 de marzo téra lugar, unha xornada conducida por profesores e investigadores en paisaxismo, xardinería e patrimonio artístico e cultural, co seguinte programa:

O PAZO DE CASTRELOS: UNHA EXPERIENCIA PRÁCTICA NA XESTIÓN E RESTAURACIÓN DE XARDÍNS HISTÓRICOS

VENRES 14 DE MARZO

  • 9:30 -10:00 Recepción e benvida.
  • 10:00 -10:15 Presentación da Xornada. Intervén o alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez.
  • 10:15 -11:00 Análise histórico e paisaxístico do Pazo de Castrelos Jesús Sánchez García. Catedrático do departamento de Historia da Arte da Universidad ede Santiago de Compostela.
  • 11:00 -11:45 Os valores botánicos do Pazo de Castrelos. María Isabel Iglesias Díaz. Profesora titular do departamento de producción vexetal da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 11:45-12:15 Contexto da restauración dos xardíns históricos en Galicia i elementos clave no diseño paisaxístico dol Pazo de Castrelos. Pedro Calaza Martínez. Doutor Enxeñerio Agrónomo e Doutor en Arquitectura da Paisaxe e director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.
  • 12:30 -13:30 Visita aos Xardíns.

Os/as interesados/as poderán inscribirse á xornada ata o día 11 de marzo achegando un correo electrónico a ofi.ph@vigo.org ou chamando ao departamento de Patrimonio histórico: +34 986 81 02 82.

Máis

Hora

14 marzo, 2025 09:30 - 13:30(GMT+01:00)

Localización

Xardíns do Pazo de Castrelos

Camiño Corredoura, 41, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events