Vigo, cidade de cor: The Caver
Que as escaleiras mecánicas e os ascensores están a facilitar nos últimos anos a mobilidade entre diferentes puntos desta nosa cidade tan vertical é unha ben agradecida por moitos veciños. Pero a mellora na mobilidade tamén se traduce nalgúns aspectos negativos, como poden ser unhas cachas máis fofas ou ausencia de cor e creatividade coa que se presentan estes mecanismos.
A loita entre o moderno e o antigo sempre estivo e sempre estará. Iso mesmo acontece coas creacións de Nuno Barbedo, que xogan entre un estilo old school de liñas clásicas, e características máis modernas, como composicións harmoniosas e asemade complexas, coloridas e audaces, a miúdo cun tema enigmático e un enfoque surrealista.
O artista lisboeta, máis coñecido como «The Caver», é un claro exemplo desa loita entre o novo e o vello, non só polo estilo, senón tamén pola forma de gañar o pan como artista. A pesar de recoñecer que gusta da liberdade de pintar na rúa, dedica gran parte do tempo a deseñar, ilustrar ou tatuar, traballando para particulares e grandes marcas. E é que os artistas tamén teñen que saber adaptarse aos novos tempos.
O mural está pintado nas escaleiras que conectan avenida da Hispanidade, entre os números 71 e 73, coa rúa de Feliciano Rolán.
Últimos posts de Juan Teixeira (ver todos)
- Vigo, cidade de cor: Ana Langeheldt - 25 Outubro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Milu Correch - 12 Febreiro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Marta Lapeña - 26 Xaneiro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Maz - 24 Novembro, 2023
- Vigo, cidade de cor: Alba Fabre - 10 Outubro, 2023