Vigo, cidade de cor: Elisa Capdevila
Elisa Capdevila é unha moza catalá a responsable da fermosísima obra situada na Travesía de Vigo en que se pode apreciar unha muller aleitando un neno de berce. A obra destaca tanto pola gran calidade técnica como pola sensibilidade e a forza expresiva que contén.
Pero tamén se falou moito deste mural por un pequeno detalle anatómico. En verbas da propia autora: «Creádelo ou non, esta imaxe foi descartada para ser pintada noutro proxecto de arte urbana debido a que se vía o peito da muller. Así están as cousas aínda, e por iso me alegro de que sexa unha fachada tan grande a que ocupa esta imaxe dunha nai aleitando o fillo».
Pois si, en pleno século XXI aínda hai xente que se molesta por ver unha nai dándolle o peito a un meniño. Xente que non se indigna porque haxa nais e fillos a morrer de fame, que se ven na obriga de botarse ao mar na busca dunha vida digna; pero resulta que molesta un acto tan fermoso como natural. Para curar tales eivas mentais, nada mellor que unha terapia de choque a grande escala.
O mural sitúase na Travesía de Vigo, á altura do número 85.
Juan Teixeira
Fotógrafo documental e xestor cultural
Últimos posts de Juan Teixeira (ver todos)
- Vigo, cidade de cor: Ana Langeheldt - 25 Outubro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Milu Correch - 12 Febreiro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Marta Lapeña - 26 Xaneiro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Maz - 24 Novembro, 2023
- Vigo, cidade de cor: Alba Fabre - 10 Outubro, 2023