REVISTA ABRIL

Vigo, cidade de cor: Antonyo Marest

Falamos do artista alacantino que nas últimas datas vén de traballar por medio mundo co seu particular estilo tropicalista: Antonyo Marest. 2017 foi o ano do seu auxe, con importantes retos artísticos, como pintar o patio dun hotel madrileño con catro murais de 240 metros cadrados ou unha pista de skate de 1.800 metros cadrados en Rabat, Marrocos. E 2018 foi o ano da súa ratificación, con traballos en Corea do Sur, EUA, Italia, Rusia… Pero sobre todo interésanos Vigo. Na nosa cidade, Antonyo deixou o seu cuño tropical nunha medianeira de sete andares na avenida de Castrelos sostendo que «Vigo é unha cidade que, ao igual que a maior parte do norte do Estado español, vive nubrada todo o ano, e creo que precisaba ese toque tropical». Para desfacer un tópico talvez asentado de máis na costa mediterránea, convidámolo a coñecer o microclima solleiro da nosa urbe nunha vindeira visita, cumprindo cun desexo que el mesmo expresa:  «Trátase dunha cidade que me gustaría coñecer mellor, espero volver axiña porque se come xenial».

A obra do autor identifícase e dixírese de xeito moi sinxelo. El mesmo di que está influenciado polo espírito mediterráneo a través do que conxuga elementos xeométricos, cores planas e figuras recoñecibles como palmeiras e flamengos «que nunca poden faltar: o flamengo como símbolo do culto ao sol e a palmeira, de resistencia ante calquera tempestade». Obra para todos os públicos, que tropicaliza un pouco a avenida de Castrelos. 

REVISTA ABRIL

O mural de Antonyo Marest está situado na avenida de Castrelos, 129.

Texto e fotos: Juan Teixeira

[Esta reportaxe pertence á revista A movida de Febreiro de 2019. Podes consultar o número completo neste enlace. Se queres comezar a recibir un exemplar na túa casa, apoiar o noso proxecto e participar en numerosos sorteos, faite #AMOVIDALOVER nesta ligazón. ]

The following two tabs change content below.
Juan Teixeira é un fotógrafo documental con sede en Vigo. Cursou estudos de Publicidade e RRPP, pero pronto se decatou de que aquel non era o seu lugar. A través dunha serie de viaxes por Sudamérica e o sueste asiático, observou que a fotografía era unha forma de relacionarse e explorar o mundo dun modo moi persoal, coma un espectador que intenta comprender o que sucede ao seu redor. Desde entón intenta comprender ese mundo que o rodea, centrándose nas persoas e as súas relacións con outras persoas, coa sociedade, a natureza e o tempo e o lugar que a cada unha lles toca vivir.

Últimos posts de Juan Teixeira (ver todos)