XXVI Festa dos Callos
Detalles do eventos
O evento, que comezou a súa andaina no ano 1996, chega á 26. ª edición convertida nun punto de encontro na cidade de Vigo, fomentando
Detalles do eventos
O evento, que comezou a súa andaina no ano 1996, chega á 26. ª edición convertida nun punto de encontro na cidade de Vigo, fomentando o turismo, a gastronomía e a cultura da terra.
Será o domingo 6 de outubro a partir das 11:00 h cando os asistentes poidan desfrutar das racións de callos a prezos populares.
Ademais, os socios da Asociación de Veciños de Beade terán a oportunidade de degustar a primeira ración de callos con bebida e pan a un simbólico prezo de 3€.
Como engadido, a música desta festa gastronómica virá a cargo do Grupo de gaitas Val do Fragoso e o grupo folk “As Escaravellas”, e, tras atender a numerosas peticións realizadas pola veciñanza, volta o “pintacaras” para os máis pequenos da casa.
Máis
Hora
6 outubro, 2024 11:00 - 16:00(GMT+02:00)
Séguenos nas redes