CAMELIAS NADAL

Vigo, cidade de cor: Anastasia Belous

A artista ucraína Anastasia Belous fixo un grande mural coroado coa palabra “afouteza” para homenaxear a valentía das xentes de Vigo. Podemos atopalo na avenida de Clara Campoamor.

O mural sitúase á altura do número 21 da avenida de Clara Campoamor.

O celtismo ensinoulle ao mundo o significado de afouteza. A día de hoxe, e grazas ás actuacións do RC Celta nas últimas temporadas, o termo case adquiriu un significado diferente: deixar que o destino se resolva no último momento, confiando na sorte e nun sobreesforzo final.

Así e todo, segundo o dicionario da Real Academia Galega, o termo responde a dúas acepcións: «disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades» e «seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme». O concepto en cuestión namorou unha artista ucraína asentada en Londres, Anastasia Belous, que asinou hai ben pouco un mural dentro da novena edición do programa municipal Vigo, cidade de cor.

A obra ten como protagonistas os mariñeiros como representación a amentada afouteza. Trátase dun mural que mostra un mapa antigo e así o explica a autora: «Moi comunmente, os mapas dos séculos XV e XVI estaban cheos de monstros mariños inimaxinables. No meu mural, un pescador moderno navega con tesón a bordo dun bote sobre mar cheo monstros, nunha ruta cara a novos logros; este mural trata sobre a coraxe dos homes que se botaron ao mar, a pesar dos perigos. Con esta obra quería encomiar a valentía dos vigueses, a afouteza». Ben podían facer unha copia no túnel de vestiarios de Balaídos, para lle lembrar ao equipo celeste o que significa a palabra afouteza.

Juan Teixeira
Fotógrafo documental e xestor cultural

VINA COSTEIRA
The following two tabs change content below.
Juan Teixeira é un fotógrafo documental con sede en Vigo. Cursou estudos de Publicidade e RRPP, pero pronto se decatou de que aquel non era o seu lugar. A través dunha serie de viaxes por Sudamérica e o sueste asiático, observou que a fotografía era unha forma de relacionarse e explorar o mundo dun modo moi persoal, coma un espectador que intenta comprender o que sucede ao seu redor. Desde entón intenta comprender ese mundo que o rodea, centrándose nas persoas e as súas relacións con outras persoas, coa sociedade, a natureza e o tempo e o lugar que a cada unha lles toca vivir.

Últimos posts de Juan Teixeira (ver todos)