Vigo, cidade de cor: Ana Langeheldt
Os usuarios do Auditorio Cívico de Teis teñen unha nova motivación para este curso. O culpable é o recente mural que engalana a entrada, obra da artista Ana Langeheldt, que o describe así: «Fala sobre a renovación, o feito de rexurdir e o mundo interior, mediante a simboloxía das rosas na tradición occidental. Dun xardín, onde hai unha casa moi pequeniña e illada, sae unha figura disparada como unha estrela fugaz ou un cometa cara a un destino descoñecido».
A artista, tamén coñecida como Lahe178, é pioneira e referente na arte urbana española desde o ano 2001. Nesta obra quixo xogar cunha lectura da obra un pouco diferente á habitual: «Quixen pintalo para unha lectura de dereita a esquerda, coma se dun conto se tratase, cun tratamento similar ao dunha ilustración literaria». Unha obra peculiar que xa forma parte da exposición de arte urbana da nosa cidade.
O mural sitúase na rúa dos Irmáns Misioneiros Enfermos Pobres, á altura do número 12.
Juan Teixeira
Fotógrafo documental e xestor cultural
Últimos posts de Juan Teixeira (ver todos)
- Vigo, cidade de cor: Ana Langeheldt - 25 Outubro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Milu Correch - 12 Febreiro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Marta Lapeña - 26 Xaneiro, 2024
- Vigo, cidade de cor: Maz - 24 Novembro, 2023
- Vigo, cidade de cor: Alba Fabre - 10 Outubro, 2023