VIALIA
PLAYDOC

Vigo cobra vida no ‘Velén’ con V

Xa se pode visitar o Velén con v de Vigo. Non é o máis grande, tampouco o máis minucioso e moito menos o máis representativo do Nadal. Non obstante, o Velén de Vigo e xa un elemento indispensable do noso Nadal e un ano máis reverte grandes doses de enxeño.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Onte abriu as portas ao público o Velén con V de Vigo, este ano emprazado na rúa López de Neira con rúa Perú, moi pertiño da rúa Príncipe.

O autor deste peculiar belén é Alberto, que xa leva perdido conta das horas que dedica cada ano a pensar, deseñar, elaborar e montar cada unha das escenas representadas neste presebe. Aínda que consta de 19 m2 tal e como explica Alberto ‘un pode tirarse horas aquí interpretando cada unha das escenas’. Vigo é sen dúbida algunha o alma deste velén e os eventos máis significativos que tiveron lugar na cidade vense aquí representados. Este ano podemos ver dende o afundimento do paseo de As Avenidas durante o Marisquiño, ata os ‘pregóns’ de Caballero diante de cada un dos concertos en Castrelos ata referencias a construción da senda verde, a chegada do AVE ou a proclamación de Vigo como kilómetro 100 do Camiño de Santiago.

REVISTA MAIO

Tamén hai referencias a novas e actos nacionais e incluso internacionais. Un vendedor ambulante ofrecendo masteres nas máis extraordinarias artes, o tráfico da ‘Fariña’ ou o valado de Melilla están tamén representados no Velén.

Este creativo nacemento leva vinte anos facéndose na nosa cidade. Entre 1998 e 2010 expúñase na sede central de Caixanova e miles de vigueses peregrinaban cada ano ver ‘o Belén da Caixa’. De 2011 a 2016 cambiou de emprazamento a o Centro Comercial A Laxe e, tras pasar o ano pasado polo Urban Market de Progreso41, este Nadal estrea localización moi preto de Príncipe onde xa o podemos visitar.

Pero ollo, este Belén non está feito para impacientes ou espectadores con présa. Hai que pasearse con calma e observar cada un dos detalles, só así seremos quen de ir interpretando cada un dos elementos e pistas que Alberto deixou para nós. Se queremos pór a proba a nosa mente podemos aceptar o convite ata o 6 de xaneiro.

(GMT+01:00) Rúa López de Neira, 6

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.