CANS
XERAIS

Play-Doc

01mai20:3005(mai 5)22:30Play-DocFESTIVAIS E FEIRAS | Varios20:30 - 22:30 (5)(GMT+02:00) Tui

Detalles do eventos

Play-Doc, Festival Internacional de cinema de Tui, celebra o seu vixésimo aniversario do 1 ao 5 de maio. Ao longo dos seus vinte anos de historia, o compromiso dodeste festival co cinema galego foi permanente, servindo como punto de encontro, plataforma de promoción do talento máis próximo e carta de presentación das producións recentes xurdidas en Galicia. Este ano, ademais de contar coa habitual competición de cinema galego, que incluirá 13 películas, entre longametraxes e curtametraxes, Play-Doc inaugurará a sección Sombras, dedicada a recuperar a obra de cineastas galegos clásicos cuxa traxectoria non foi suficientemente difundida. Xunto á súa variada programación cinematográfica,o Play-Doc contará cunha serie de actividades e eventos especiais que inclúen espectáculos de cinema e música en directo, clases maxistrais, talleres, seminarios e os xa clásicos Cinema Percorridos a través da cidade.

Ver programa

Máis

Hora

1 (Mércores) 20:30 - 5 (Domingo) 22:30(GMT+02:00)

Localización

Tui

Rúa Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra

Other Events