CANS
GALAXIA

Inauguración 'Farruco. Arte por amor á arte'

03mai19:00Inauguración 'Farruco. Arte por amor á arte'ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Inauguración da Exposición “Farruco. Arte por amor á arte. Unha rendición de contas na EMAO”, comisariada polo profesorado das especialidades de Pintura, Debuxo e Serigrafía artística da Escola municipal de Artes e Oficios (EMAO), que terá lugar o vindeiro venres, día 3 de maio, ás 19,00h, no Espazo EMAO.

“Farruco. Arte por amor á arte. Unha rendición de contas na EMAO”, representa o reencontro de Francisco Sesto Novás “Farruco” (Vigo, 1943), coa escola da que foi alumno nos anos 60 (foi 1º premio en Pastel e 2º premio en Debuxo na “I Exposición de artistas noveles” da EMAO en 1960), lugar que el mesmo identifica como a xénese de moitas das súas inquedanzas no campo da creación. Aos 18 anos emigra a Venezuela, onde fai a súa vida.

Poeta, escritor, pintor, debuxante, arquitecto, membro correspondente da Real Academia Galega … Farruco móstranos nesta exposición exemplos destacados da súa rica e diversa obra creativa e o seu retornado vencello coa escola e coa cidade.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events