Unha explosión de ‘freakismo’ protagoniza o novo cartel do GFFF
O festival internacional de cine freak de Vigo presentou esta mañá o cartel e principales novidades da súa sétima edición que se celebrará nos Cines Tamberlick (Praza Elíptica) os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de setembro.
Desvelouse o misterio. Este ano o dinoseto morre batallando con Akira e dominado polo seu gran poder psíquico. A escena podemos vela no cartel da sétima edición do GFFF e está inspirada no filme Akira, anime xaponés de culto estreado en 1988 ao que o Galician Freaky Film Festival rende homenaxe na súa sétima edición.
O cartel foi presentado esta mañá en Vigo diante do protagonista, o Dinoseto, coa presenza de membros do equipo do festival, entre os que se atopaban Juan de Castro (director do festival) e Miriam Álvarez (subdirectora), así como Gorka Gómez (concelleiro-delegado de cultura do Concello de Vigo), quen amosou o seu convencimento de que “Vigo é xa a capital do cine freak de Galicia”. Pola súa banda, Juan de Castro definiu o freakismo cinematográfico como “un xénero inmortal, que continúa a ser dos máis consumidos pese ás crises ou cambios de plataforma”. Tamén recalcou o carácter lúdico e gamberro do certame, afastado dos convencionalismos e pensado para
Os responsables recordaron que o Galician Freaky Film Festival celébrase entre o 22 e o 30 de setembro en diferentes espazos da Praza Elíptica. As proxeccións serán nos Cines Tamberlick, recentemente reformados e reinaugurados; mentres que as actividades paralelas celebraranse na Sala Apostrophe. En canto á programación adiantaron que haberá unha decena de bloques de curtametraxes internacionais de terror, ciencia ficción e humor; a proxección de Akira en 4K; a terceira edición do Pequefreak e unha feira de artistas e cultura xaponesa.
Cartel e homenaxe a Akira
Como cada edición, desde a número 0, o cartel é obra do ilustrador e animador galego Paulo Mosca, coñecido polo seu trazo fino e a incorporación do humor nos seus traballos; e da deseñadora gráfica viguesa María Llauger. Nel observamos unha distopía futurista na que destaca o Dinoseto implosionando pola acción de Akira no medio da ría de Neo-Vigo, logo de arrasar a Ponte de Rande nunha encarnizada batalla.
Como anunciaron hai uns meses, Akira é o filme homenaxeado este ano no Galician Freaky Film Festival e será proxectado na gran pantalla e en 4K para desfrute dos fans deste clásico do anime xaponés.
Case 600 curtametraxes recibidas
Pechado o período de recepción de curtametraxes a organización define o recibido como “unha boa colleita de 592 pezas”. A maior parte delas veñen de España, pero tamén hai curtas chegadas de Francia, Corea do sur, Arxentina, Brasil, Rusia e Colombia. Destacan os traballos chegados desde Indiestory, importante produtora surcoreana e Je Regarde, estudo francés centrado na animación.
Ademais do recibido, o equipo de programación do Galician Freaky Film Festival, buscan os mellores filmes do último ano nos festivais de xénero máis importantes do mundo, como Animac, Fantaspoa ou Clermont Ferrand.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024