Unha escola de moda no Centro Comercial Gran Vía
O centro Comercial Gran Vía converterase nos próximos tres meses nunha escola de moda. Os Tipos de posados, coreografías, o proceso creativo dun deseño ou os secretos sobre a plataforma Youtube son algunhas das cuestións das masterclass que serán impartidas un sábado ao mes en abril, maio e xuño de 10 horas a 14 horas.
A iniciativa Gran Vía Trend College supón unha oportunidade de vivir a moda desde unha perspectiva máis profesional para aquelas persoas que estean interesadas neste campo. Deste xeito, clientes, alumnado de deseño, mozos e mozas influencers ou profesionais interesados en recibir formación complementaria poderanse inscribir nestas clases, dun xeito totalmente gratuíto, e recibir nocións sobre esta materia da man dos profesionais do sector.
O 27 de abril inaugúrase a programación co curso Catwalk & flash, no que a modelo e presentadora Paloma Lago explicará os diferentes tipos de posados, máis todo o necesario para isto como os xiros ou os pasos, e a postura corporal. O mesmo día o fotógrafo Jacobo Gayo falará sobre os diferentes xeitos de actuar fronte a cámara, con explicación de técnicas faciais.
O Gran Vía Trend College seguirá o seu percorrido xa no mes de maio, o 25, pois ten lugar a Fashion& stylish , formación na que a deseñadora internacional María Barros revelará os secretos sobre o proceso creativo dun deseño de moda e a influencer e experta en comunicación de moda María Canle explicará a importancia da imaxe á hora de visualizar a identidade.
Para pechar os tres meses de masterclass sobre o mundo da moda, a youtuber Isabel Villanueva (Isashopaholic) acercará os segretos sobre o fenómeno de Youtube, aplicado a esta disciplina e os dj´s Pepino&Crawford amenizarán a sesión vermú o sábado 22 de xuño.
O Centro Comercial Gran Vía presentou esta iniciativa coa participación de, por un lado, representantes das escolas de Moda e Deseño máis importantes de Galicia, a profesora do departamento de Moda da EASD Mestre Mateo, Noemí Vázquez, a profesora do departamento de Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Fátima Díez, a directora do Máster de Deseño da Universidade de Vigo, Lola Dopico e, por outra banda, coa manager Director da revista Galicia de moda, María Canle, e a directora de marketing do centro comercial Angélica Falagán.
A participación nestas masterclases é gratuíta pero é necesario reservar praza a través da web do Centro Comercial Gran Vía
Eva M. Porto
Últimos posts de Eva M. Porto (ver todos)
- Pablo Rodríguez: «En Madrid vendeuse máis en galego que en castelán» - 11 Maio, 2020
- Ana Fontenla: «Hai moita calidade na literatura galega, creo que é unha bomba que vai estoupar» - 11 Maio, 2020
- Mónica Bernández e Miguel Lima: «O galego fai barrio e o barrio fai galegofalantes» - 11 Maio, 2020
- Miss Toxo, 50% haterismo e 50% feminismo - 16 Maio, 2019
- Coruxo Móvese pola inclusión - 7 Maio, 2019