CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

O Centro Comercial Gran Vía regala entradas de cine a cambio de doazóns de sangue

O Centro Comercial Gran Vía pon en marcha a campaña ‘Doar é de Cine’, co obxectivo de promover a doazón de sangue. Todas as persoas que este venres días 18 se acheguen ao centro comercial a doar sangue recibirán a cambio unha entrada de cine de balde e un agasallo sorpresa.

CAMELIAS NADAL

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, en asociación coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (Ados) levará a cabo unha nova iniciativa para animar á xente a doar sangue e axudar a suplir a gran demanda actual dos hospitais. Baixo o nome ‘Doar é de Cine’, porase en marcha esta campaña na que se agradecerá a participación de cada doante cunha entrada de cine gratuíta, ademais dun agasallo sorpresa.

O día será o venres 18 de novembro, de 10:00h a 14:30h pola mañá, e de 15:30h a 21:00h pola tarde, para facilitar a participación do maior número de persoas posible. Habilitarase un posto de doazón na parte superior do centro comercial, na zona acristalada da cuberta axardinada. Non se precisa cita previa xa que se atenderá a cada doante por orde de chegada. A entrada de cine poderá canxearse nos propios cines do CC Gran Vía ata o día 18 de decembro de 2022, válida para calquera sesión.

Para poder doar sangue hai que ser maior de idade e levar con un o DNI, Pasaporte ou carné de doante. Os homes poden doar 4 veces ao ano e as mulleres 3, deixando un marxe de mínimo 2 meses con respecto á vez anterior. Podes consultar todas as condicións aquí.