UVIGO
FILLOAS

Teatro infantil, Rober Bodegas, Tony Lomba e Elio dos Santos e outros plans para despedir 2023

Este domingo non só pechamos a semana, tamén o 2023. Despedimos o ano recomendando actividades infantís, concertos variados, espectáculos de comedia e carreiras populares. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

O show de comedia Esfínter, con David Amor, Rober Bodegas e Javier Veiga, en 2021 | P. Vázquez

PEQUEÁRTIKO – Ata o domingo na Sala Ártika – Desde 8,00€

Un ano máis, os máis pequenos e pequenas da casa seguen tendo un espazo destacado na programación deste mes grazas ao IX Festival Pequeártiko de Nadal que ten lugar do 22 ao 31 de decembro na Sala Ártika e que conta cada vez cunha mellor acollida, tanto entre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente. Esta fin de semana están programados os espectáculos ‘Aupapá’, ‘Burbuja’ e ‘A nena e os tres osos’. Se queres coñecer máis eventos infantís para estas datas preme aquí.

SHY KOLBE + WEST SRK – Venres ás 20:30 na Sala Doppler – Desde 7,00€

Doble concerto de música urbana na Sala Doppler. Ao rematar terá lugar a festa Nagasaki Club na Sala Masterclub cos DJ set de Suob, White Bronco e TB Dude.

TRABALHADORES DO COMERCIO – Venres ás 21:30 en Radar Estudios – Desde 12,00€

Os Trabalhadores do Comércio é unha banda portuguesa formada en 1979 por Sérgio Castro e Álvaro Azevedo (membros da mítica banda Arte & Oficio) A principal característica do grupo foi o feito de que cantaban en portugués, con acento (mesmo dialecto) ao estilo do Porto, mentres que Arte & Oficio construíra toda a súa carreira cantando en inglés. As letras das cancións, estaban infestadas de humor, moitas veces bastante cáustico. Estiveron presentes no famoso festival Nadal Rock de 1981, coñecido por supoñer a presentación en público de Siniestro Total.

TONY LOMBA + ELIO DOS SANTOS – Venres e sábado ás 22:00 en La Fábrica de Chocolate – Desde 12,00€

Tony Lomba e Elio dos Santos celebran o seu tradicional concerto de Nadal os días 29 e 30 de decembro na sala La Fábrica de Chocolate. Cada ano os dous artistas compoñen unha canción especial para estas datas. A deste ano leva por nome ‘Eu son’ e xa podes escoitala aquí. Venta anticipada en: Bar Princesa, A Casa de Arriba e La Reserva.

LA GRANJA DE ZENÓN – Sábado ás 16:30 e 19:00 no Mar de Vigo – Desde 22,00€

La Granja de Zenón, o fenómeno infantil que rompeu todos os récords nos principais teatros do mundo, volve a España co seu espectáculo “El Gran Gallo”. Nesta nova experiencia única no xénero, levarás ao límite todos os teus sentidos nun show inmersivo que che permitirá transitar polas catro estaciones do ano acompañado das súas mellores cancións.

ESFÍNTER: ROBER BODEGAS, JAVIER VEIGA E DAVID AMOR – Sábado ás 18:00 e 21:00 no Teatro García Barbón – Desde 12,00€

Tras o éxito dos dous anos anteriores co 100% de entradas vendidas, este Nadal volve Esfínter 3 cun novo show para pechar o ano. Un ano máis chega esta maridaxe tan especial de Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor, tan distintos é ao mesmo tempo tan compatibles, coma o melón con xamón, a pizza con piña ou a nocilla con chourizo… sempre atoparás xente que fale disto con paixón.

5 GALEGOS E PUNTO, CONA – Sábado ás 21:00 no Teatro Salesianos – Desde 15,00€

Un espectáculo de comedia, tolemia e improvisación da man de cinco dos mellores cómicos galegos do momento: Arantxa Treus, Oswaldo Digón, Federico Pérez, Marta Doviro e Pepo Suevos.

TANGOMANGO – Sábado ás 21:00 no Sinattra Club – Desde 10,00€

Debut da banda viguesa Tangomango, formada polos membros de BlackStereo máis o teclista Antonio Monano. A diferenza desta banda, Tangomango interpreta temas propios en castelán. Puro soul, funk e psicodelia para bailar toda a noite.

CARREIRA SAN SILVESTRE – Domingo ás 11:30 desde a Porta do Sol – De balde

O domingo 31 de decembro volve a San Silvestre, a popular carreira polo centro da cidade para despedir o ano. Sairá ás 11:30 desde a Porta do Sol, sendo o primeiro ano que empeza neste punto. Os 4.5 quilómetros que a conforman pasrán polas rúas de Elduayen, Poboadores, San Francisco, Beiramar, Teófilo Llorente, Mestre Mateo, Cánovas del Castillo, Carral, Marqués de Valladares, Pontevedra, Areal, Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, García Barbón, Policarpo Sanz e volta a Porta do Sol. Como outro ano realizarase unha recollida solidaria de alimentos.

OVERDOSE CLUB – Domingo 31 a partir da 1:00 en Molotov Club – Desde 15,00€

CAMELIAS NADAL

Despois da cea e das 12 badaladas é momento de darlle a benvida ao 2024 como se merece: cunha boa festa. O Overdose Club en Molotov é unha boa opción, pero temos unhas cantas máis para todos os gustos.