CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Guía para desfrutar do Nadal en familia: circo, teatro, contos e obradoiros

Co comezo das vacacións infantís proliferan as actividades dirixidas a público miúdo. Contacontos, espectáculos de teatro, maxia, circo, Vigolandia, as visitas de Papá Noel e os Reis e unha chea de obradoiros para todos os gustos.

O Gran Circo Acrobático de China estará no Auditorio Mar de vigo

PEQUEÁRTIKO – Varias datas do 22 ao 31 na Sala Ártika – Desde 8,00 €

Este festival está formado por 9 espectáculos de nove compañías de todo o territorio nacional que ofrecerán aos máis cativos da casa 12 representacións de teatro, títeres, e danza. Unha programación variada para gozar das artes escénicas en familia.

NADAL NO CAMBÓN – Do 22 de decembro ao 4 de xaneiro no Edicifio Cambón – De balde

Obradoiros de Nadal para nenos no Centro de Visitantes do Parque Nacional situado no Casco Vello: obradoiro de doces mariños, robótica, xogos, experimentos, adornos… algúns precisan de inscrición previa.

VIGO NO TEMPO – Do 26 de decembro ao 4 de xaneiro de xaneiro na Sede Afundación – 5,00 €

Visita á exposición sobre a historia da cidade especialmente pensada para nenos de 5 a 10 anos que remata coa creación dun xoguete sostible.

VIGOLANDIA – Do 26 ao 30 de decembro en IFEVI – 6,00 €

Un salón de lecer cunha enorme variedade de actividades para familias: pista de obstáculos de 145 metros de largo, un wipe-out de 70, ponte tibetana unida a unha grande tirolina de 53 metros. Tamén, obradoiro de Mini Chefs, certame de pintura…

GALICIA MAGIC FEST – 26 e 27 de decembro no Teatro Afundación – Desde 12,00 €

Seis prestixiosos ilusionistas de latitudes diversaspara deixarnos coa boca aberta con trucos nun grande espectáculo familiar de 90 minutos que desafía a lóxica para o abraio de grandes e pequerrechos.

PAPÁ NOEL E FIN DE ANO EN VIALIA – 24 e 29 de decembro en Vialia – De balde

O 24 de decembro Papá Noel recibirá a todos os nenos para atendelos e recibir as súas cartas. O 29 taller infantil Ludiland especial Festa Pre-fin de Ano celebraranse as campanadas.

ACTIVIDADES NAS BIBILIOTECAS – De balde

A biblioteca Juan Compañel ten programadas tres actividades para os pequenos estes días: contacontos Non teño medo! o día 23; contacontos Cociñando con sentimento o día 28 e actuación Brinca Vai!, de Pablo Nogueiras o día 30.

Na biblioteca Xosé Neira Vilas Dani Blanco estará o día 22 contando Murmuraban as miñas veciñas.

ESPECTÁCULOS NO MAR DE VIGO – Desde 16,00 €

O auditorio do Berbés acollerá o Gran Circo Acrobático de China o 23 e 24 de decembro. Un espectáculo con máis de 30 artistas en escena, a maioría medallistas olímpicos e procedentes do Cirque du Soleil.

O 30 de decembro haberá dous pases do fenómeno infantil La Granja de Zenón ,un show inmersivo que transita polas catro estaciones do ano acompañado das súas mellores cancións.

O 3 de xaneiro O grupo infantil PICA PICA presenta o seu emblemático espectáculo Bailando.

NADAL NO CENTRO COMERCIAL CAMELIAS – De 22 de decembro ao 4 de xaneiro – De balde

Durante os meses de decembro e xaneiro o Centro Comercial de Praza América presenta unha animada e completa programación de actividades para todas as actividades. Ademias dunha ducia de obradoiros, recibirán a visita de Papá Noel e o Paxe Real , celebrarán concertos, unha feira retro e recollidas solidarias de xoguetes.

OBRADOIROS NO MUSEO MARCO – 2 ao 4 de xaneiro – De balde

CAMELIAS NADAL

Durante tres xornadas consecutivas, a través de percorridos con xogos de movemento, preguntas e experimentos nas propias salas de exposición e no espazo do “Laboratorio das Artes”, ensaiaremos diferentes perspectivas, atoparemos varios cadros diferentes nunha mesma superficie, emparellaremos as obras, e faremos a nosa propia selección atendendo a criterios como tamaños, cores, liñas e motivos.

ESPECTÁCULO LED DO MAGO ANTÓN – Moitas quendas ata o 14 de xaneiro

O famoso Mago Antón, referente da maxia galega desde hai décadas, xa ten o seu Magomóbil aparcado na Avenida de Castelao, en Coia. Alí realizará catro funcións diarias do seu novo espectáculo LED (Levitación, Escapismo, Desaparición) ata o 14 de xaneiro.