CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Dez ideas festivas para celebrar o fin de ano: desde festas e cotillóns ata tomar as uvas en Cíes

Xa non queda nada para pechar o 2023. Se aínda non tes mos claro que vas facer o día 31 (e o 29, e o 30) pola tarde ou pola noite, deixámoste unha decena de plans para axudarte a decidir. Lembra que tamén podes consultar a nosa axenda.

Centros comerciais: Vialia e Camelias (Venres 29 e domingo 31)

Vialia organiza un pre-aninovo para nenos con badaladas o venres 29 a partir das 19:30 na zona Vigo Exporta. O CC Camelias tamén ten un pre-aninovo infantil o propio día 31 de 11:30 a 13:30 con Ronny Macarroni de presentador. Daranse a todos os nenos e nenas asistentes as 12 gominolas da sorte e bandeiriñas. Ás 12:00 contarán as badaladas infantís e despois festa con Dj para celebrar o novo ano e chocolatada solidaria a favor de Aldeas Infantís.

Pre-aninovo en La Tita Rivera (Sábado 30 ás 12:30)

Se tes moitas ganas de troula, La Tita Rivera organiza un pre-aninovo o sábado 30 ás 12:30 con badaladas, uvas, cotillón e música co DJ Rhythm & Beer.

Jam no Lar das Artes (Domingo 31 ás 12:30)

No Lar das Artes, ademais da cea de aninovo e posterior festa con DJ Limón (todo por 60€), tamén despiden o ano cunha jam session en sesión vermú.

Piratas de Nabia (Domingo 31 ás 11:00)

Trátase dunha viaxe ás Cíes realizando un fronte ás Illas onde se comerán 12 uvas da sorte na Praia de Rodas e desembarcarase para facer un ritual da boa sorte e polos propósitos de aninovo. Reserva aquí.

Bar Primavera (Domingo 31 de vermú ou pola tarde)

O Bar Primavera é un deses sitios onde celebrar o aninovo pero de tarde. A rúa de Don Bosco sempre ten un ambientazo nesta xornada e podemos acompañar os brindes das deliciosas tapas caseiras elaboradas por Sandra.

Puro Delirio (Domingo 31 de 12:00 a 20:00 e a partir da 1:00)

En Puro Delirio teñen dúas sesións para dicirlle adeus a 2023: de 12:00 a 20:00 para picar algo e bailar; e a partir da 1:00 da mañá, coa sala convertida nunha pista de baile. Entrada gratuíta.

The Monk Pub (Domingo 31 de 16:00 a 20:30 e a partir da 1:00)

The Monk Pub tamén opta por este formato, con sesión vermú de 16:00 a 20:30 e sesión “derrape” a partir da 1:00. Entrada gratuíta.

Overdose Club en Molotov (Domingo 31 á 1:00)

Xa non quedan moitas entradas dispoñibles para a gran festa de aninovo que teñen montada en Molotov con ata seis DJ ao longo de máis de cinco horas. Merca aquí a túa entrada.

Sala Kominsky (Domingo 31 á 1:00)

CAMELIAS NADAL

O menú da Kominsky é máis reducido pero igualmente desfrutable. DJ Rapante e Rafa (de Antifrágil e Orquesta Neverloura) serán os encargados de facer bailar aos asistentes a partir da unha da madrugada. Entrada na porta 10,00€ con consumición.

Sala Doppler (Domingo 31 ás 00:30)

A Sala Doppler tamén vai montar unha boa festa, pero só gozarán dela os que teñan a entrada mercada porque xa están esgotadas.