VIALIA
bannerPicnicSesions

Despide o ano con deporte e solidariedade correndo a San Silvestre

31dec11:30Despide o ano con deporte e solidariedade correndo a San Silvestre11:30(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

O domingo 31 de decembro volve a San Silvestre, a popular carreira polo centro da cidade para despedir o ano. Sairá ás 11:30 desde a Porta do Sol, sendo o primeiro ano que empeza neste punto.

Os 4.5 quilómetros que a conforman pasrán polas rúas de Elduayen, Poboadores, San Francisco, Beiramar, Teófilo Llorente, Mestre Mateo, Cánovas del Castillo, Carral, Marqués de Valladares, Pontevedra, Areal, Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, García Barbón, Policarpo Sanz e volta a Porta do Sol.

O obxectivo deste ano é superar os “12.500 participantes”, segundo datos do Concello, da anterior edición, que tivo que adiarse debido ao mal tempo.

Inscricións: Gratuíta na web Carreiras Galegas

Recollida de alimentos: Como en anteriores edicións, na carreira San Silvestre levarase a cabo unha acción solidaria en favor do Banco de Alimentos. Tódolos participantes entregarán alimentos non perecedeiros no horario de 09:30 a 11:15 horas nas carpas habilitadas nas rúas Principe e Carral. Os 3.000 primeiros participantes en entregar alimentos antes da saida nas carpas do banco de alimentos situadas nas ruas Principe e Carral (nas inmediacións de porta do sol) recibirán un gorro de Papa Noel.

Máis

Hora

(Domingo) 11:30(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events