CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

Tony Lomba e Elio dos Santos

29dec22:00Tony Lomba e Elio dos SantosCONCERTOS | Desde 12,00€22:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Tony Lomba e Elio dos Santos celebran o seu tradicional concerto de Nadal os días 29 e 30 de decembro na sala La Fábrica de Chocolate. Cada ano os dous artistas compoñen unha canción especial para estas datas. A deste ano leva por nome ‘Eu son’ e xa podes escoitala aquí.

Venta anticipada en: Bar Princesa, La Casa de Arriba e La Reserva.

Tony Lomba e Eladio Santos coñecéronse nun concerto de bandas en 1993. A banda de Lomba, Unión Penosa, quedou en primeira posición, mentres que a de Santos, Foggy Mental Breakdown, quedou de segunda. Pero o hito máis importante daquel concurso foi involuntario: propiciar o encontro nos camerinos de dous dos músicos máis coñecidos e queridos de Vigo.

Ao ano seguinte estreáronse como Los tres sudamaricones, banda que formaban con Rubén Suárez (Family Folks, High Sierras) e que supuxo o primeiro gran éxito dos tres músicos. Xiraron pola península e gravaron un disco xunto a Billy King (Killer Barbies) “nun só día porque non había máis presuposto”, rememora Eladio. O primeiro show de Los tres sudamaricones foi no Nadal de 1993, no defunto bar da zona de Churruca La Caverna, e desde ese momento o concerto converteuse nunha tradición ineludible para os dous artistas.

Aquel proxecto perdeu inercia e a partir de 2000 convertéronse en Tony Lomba e Elio Santos. Ambos teñen as súas carreiras por separado, pero regálannos cada ano un concerto (ou dous) polo Nadal e un novo hit, acotío cheo de ironía, como ‘España, España’ ,’Ay Yoli Yoli’ ou ‘Vaya tío’, dedicada ao alcalde.

Máis