Swing contra o racismo
A escola Swing On, coñecida na cidade polas súas festas na rúa arredor da música e cultura swing dos anos 30 e 40 organizan este domingo unha sesión de conversa, múscia e danza arredor da situación de inxustiza racial e a loita na que se viu inmersa Estados Unidos durante esta semana.
O swing, un estilo de baile amplamente popularizado nas escolas de danza da nosa cidade, naceu nos anos 20 nos Estados Unidos como unha forma de poñer en movemento as músicas jazz e blues das décadas anteriores, modificándoas para tal cometido. Ademáis da propia evolución dos xéneros musicais e desta vontade de facelos máis bailables, atopamos nas súas raíces unha vontade de loitar contra a colonización que as persoas brancas estaban facendo das músicas negras, apropiándose dos devantitos xéneros e volvéndoos mundialmente coñecidos, co seu conseguinte lucro económico.
Parece entón un acertado punto de inicio o que propoñen para este domingo desde a escola de danza Swing On School: partir da música e a danza para explicar as situacións de supremacía e racismo que se dan en Estados Unidos, pero tamén no noso país e a nosa cidade.
A actividade comezará ás 16:30, para tomar un café e conversar sobre discriminación, seguido dun quizz, música, baile e cultura jazz. Na súa conta de Facebook, os organizadores anuncian que a cita será a través da plataforma de videochamada Zoom, nunha reunión aberta á participación de todo aquel que o desexe á que se accede premendo este link ou introducindo o seguinte meeting ID 845 3126 0005.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024