VIALIA
GIRANDO POR SALAS

A festa da Brincadeira celebrarase en maio

09maiTodo o díaA festa da Brincadeira celebrarase en maioAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Alameda de Bouzas

Detalles do eventos

Hoxe presentouse a XX edición da Brincadeira de Bouzas que celebrará a expulsión do exército francés a fin de semana do 9 ao 11 de maio. Polo vinte aniversario, a celebración aspira a ser recoñecida como Festa de Interese Turístico.

Desde hoxe xa é posible solicitar un posto no mercado de gastronomía e artesanía da festa da brincadeira. Todas as persoas interesadas en participar deben enviar un email a ahistoriadebouzas@gmail.com antes do 14 de marzo. Nesta edición aumentarase o número de postos de 120 a 150 e, como novidade, ocuparán parte do paseo marítimo. A organización da festa primará os postos que se constrúan con madeira e prohibe todo material de plástico, tipo carpas ou postos de metal.

Como en edicións anteriores, a festa acollerá a representación da expulsión dos franceses en 1809 e o III concurso de traxes de época, que ten como obxectivo incentivar a vestimenta histórica. Nos próximos días subirán a páxina web amigosdebouzas.com as bases deste certamen, pero os organizadores animan a tódolos asistentes a acudir a festa vestidos de época para que non se desvirtúe o evento. Ao longo destes tres días Bouzas acollerá numerosas actuacións musicais e como novidade a igrexa cobrará especial protagonismo.

O ano pasado acudiron aos festexos 30.000 persoas, un dato que se espera igualar ou incluso superar nesta edición de vinte aniversario.

Máis

Hora

9 maio, 2025 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Alameda de Bouzas

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events