VIALIA
bannerPicnicSesions

Gincana polo centro da cidade contra a gordofobia

Esta fin de semana Outro Conto organiza unha Gincana de Autocoidado polo centro da cidade que pretende concienciar sobre problemáticas como a cultura da dieta, a violencia estética e a gordofobia. As persoas que máis puntos acaden, gañarán un mes de comida gratis e un libro.

REVISTA ABRIL

Desde este venres día 16 e ata o vindeiro domingo 18, a cidade acolle un evento único: unha Gincana de Autocoidado. Once locais da cidade terán códigos QR con preguntas relacionadas coa nosa relación coa comida e cos nosos corpos, a
violencia estética, a gordofobia, o autocoidado…
As persoas participantes irán acumulando puntos con cada resposta correcta que consigan en cada un dos locais. Os premios son un mes de comida gratis para quen máis puntos acumule, o libro 10 gritos contra a gordofobia de Magdalena Piñeyro e moita aprendizaxe!

A iniciativa está promovida por Outro Conto, un proxecto vigués de menús saudables e veganos a domicilio que loita contra a cultura da dieta, a violencia estética e a gordofobia e coa que queren ter un impacto positivo na cidade e tecer redes de acción con outros proxectos locais. Os locais participantes nesta iniciativa son: A Morada, Vaidhé, Bar Princesa, Tinta Negra, Kominsky, Batallón, Calma Fruit, La Contenedora, Fuck This Studio, Café Uf, Librería Versus.

Ademais o sábado pola mañá, as principais rúas e prazas de Vigo amencerán cheas de libros. Máis de medio milleiro de libros foron doados polas viguesas e vigueses para unha acción da que pouco se sabe todavía pero que terá lugar este sábado nas principais rúas da cidade e coa que, de seguro, estes libros de segunda man atoparán novas lecturas e máis vidas.