COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

SpaceNatur, espazo de saúde para a infancia

Constantemente, os pequerrechos desenvolven capacidades a partir de interaccións co medio que os rodea. Se lles aportamos un ambiente de calidade, saudable e seguro, conseguiremos fortalecer as  habilidades que teñen mentres que desfrutamos de cada etapa. Estas condicións téñense moi en conta no centro de estimulación infantil e prenatal de SpaceNatur, que xa ten programadas as actividades para o próximo curso escolar. A través de exercicios auditivos, táctiles, visuais e motores, neste centro poténciase o desenvolvemento físico, sensorial e mental de nenas e nenos. Aquí divídese o traballo en dúas grandes áreas de actividades: acuáticas e en seco.

No tocante á auga, lévanse a cabo diferentes programas de estimulación para meniños con idades comprendidas entre os catro meses e os seis anos, así como outros para mulleres embarazadas. A piscina está tratada con bromo e regulada a 32 graos Celisius, o que a volve totalmente terapéutica. Neste centro sanitario enténdese o medio acuático como un proceso educativo a todos os ámbitos, inclusive para rapaces con necesidades especiais; as sesións para nenas e nenos con TEA son moi beneficiosas. Os pequenos poden acudir na compaña dos seus proxenitores nestas clases instruídas por monitores cualificados.

Pisando o chan, dispóñense numerosas actividades en seco, como as clases de inglés para todas as idades ou o espazo cultural de música e danza. A través destas ramas artísticas os rillotes aprenden, exprésanse e absorben todos os beneficios que estas disciplinas achegan estilos como a danza clásica ou a contemporánea, o hip-hop, a guitarra…

Tamén abre as portas en setembro a ludoteca, para compartir, socializar e aprender cos rapaces de ata 12 anos. Este servizo favorece a boa conciliación familiar. Nais, pais e titores poden deixar os cativos nesta estancia ou en calquera das outras actividades para, asemade, levar a cabo as súas propias en salas contiguas. O mesmo acontece se son varios os membros dunha unidade familiar os que acoden ao centro, pois cadaquén pode asistir á sesión correspondente simultaneamente. As posibilidades que ofrece este amplo coworking sanitario son infinitas.   Ademais aquí disponse de consultas externas para menores e adultos: fisioterapia, logopedia, medicina estética, nutrición, parteira, psicoloxía… En redes sociais anúncianse todos os obradoiros que aquí se organizan, coma o de preparación ao parto, á lactancia e ao porte ou o de primeiros auxilios pediátricos. SpaceNatur nace, sen dúbida, para facer comunidade e facilitar a conciliación familiar, contribuíndo ao coidado persoal propio e ao dos nosos miúdos. Porque se non estamos ben, non podemos coidar ben.

Contacto:

Entidade: SpaceNatur
Enderezo: Nicaragua, 8
Teléfono: 604 06 43 71  
Instagram: @coworking_spacenatur

SONRIAS
The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.