Sibuya Urban Sushi Bar, cociña xaponesa para todos
Nun ano cheo de limitacións, precisamos de novas emocións como o comer e para a nosa alegría o coronavirus non consegui doblegar o espíritu emprendedor de moitos hostaleiros que lanzan a súa proposta esquivando vagas, restriccións e anormalidade. Unha destas novas aperturas é Sibuya Urban Sushi Bar, un xaponés diferente, cun concepto occidentalizado que o fai apto para os novatos e novedoso para os entendidos.
Do paso de peóns máis concurrido e coñecido do mundo colle o nome esta cadea de resaurantes leonesa que conta con dúas ducias de locais espallados por toda España, o último deles na nosa cidade. Do trafego de Toquio apenas collen o nome, xa que este urban sushi bar se define como un “lugar tranquilo” e o seu local luminoso, amplo e de atmósfera zen invita precisamente ao sosego.
A oferta culinaria está baseada na cociña nipona, pero adaptada ao padal occidental. Case un cento de opcións conforman unha extensa carta pensada para sorprender tanto a a neófitos como entendidos do sushi, a súa especialidade, que destaca pola calidade da materia prima mariña e o sorprendente punto cremoso que consiguen darlle ao arroz. Que ninguén espere sinxeleza nos seus pratos, pois aquí todo ten un extra, ben sexa a través dunha salsa acebichada, un toque picante, crocante, ou un contraste doce, por iso o encargado de márketing da cadea, Ángel Luis Díaz, declama convencido que “hai persoas ás que non lles gusta o sushi, pero a todas lles gusta Sibuya”.
Unha das súas especializadesdes máis espectaculares, e pola que se fixeron coñecidos nun inicio, son os flamed rolls, uns rolos de sushi aos que prenden lume na mesa do comensal. Ademáis dos coñecidos roliños de arroz e peixe cru, en Sibuya tamén atopamos saladas con algas, baos recheos de cangrexo, langostinos crocantes, fumegantes cazoliñas de noodles, ou takoyakis, unhas boliñas de polbo semellantes as croquetas, típicas da rexión de Osaka.
Por onde empezar: Se é a túa primeira vez comendo con palillos o menú Sibuya Experience pode ser unha boa porta de entrada á cociña do país do sol nacente. Este menú degustación está composto por salada de algas wakame, sushi de salmón tempurizado bañado en salsa lixeiramente picante, o combo Top Sibuya, composto polas seis variedades de sushi máis populares do restaurante, un postre e un chupito de sake, unha augardente xaponesa con base de arroz. Prezo: 22,90 €
Praza de Compostela, 1
sibuyaurbansushibar.com
@sibuya_urban_sushi_bar
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024