CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Sibuya Urban Sushi Bar, cociña xaponesa para todos

Nun ano cheo de limitacións, precisamos de novas emocións como o comer e para a nosa alegría o coronavirus non consegui doblegar o espíritu emprendedor de moitos hostaleiros que lanzan a súa proposta esquivando vagas, restriccións e anormalidade. Unha destas novas aperturas é Sibuya Urban Sushi Bar, un xaponés diferente, cun concepto occidentalizado que o fai apto para os novatos e novedoso para os entendidos.

Do paso de peóns máis concurrido e coñecido do mundo colle o nome esta cadea de resaurantes leonesa que conta con dúas ducias de locais espallados por toda España, o último deles na nosa cidade. Do trafego de Toquio apenas collen o nome, xa que este urban sushi bar se define como un “lugar tranquilo” e o seu local luminoso, amplo e de atmósfera zen invita precisamente ao sosego.

A oferta culinaria está baseada na cociña nipona, pero adaptada ao padal occidental. Case un cento de opcións conforman unha extensa carta pensada para sorprender tanto a a neófitos como entendidos do sushi, a súa especialidade, que destaca pola calidade da materia prima mariña e o sorprendente punto cremoso que consiguen darlle ao arroz. Que ninguén espere sinxeleza nos seus pratos, pois aquí todo ten un extra, ben sexa a través dunha salsa acebichada, un toque picante, crocante, ou un contraste doce, por iso o encargado de márketing da cadea, Ángel Luis Díaz, declama convencido que “hai persoas ás que non lles gusta o sushi, pero a todas lles gusta Sibuya”.

CAMELIAS NADAL

Unha das súas especializadesdes máis espectaculares, e pola que se fixeron coñecidos nun inicio, son os flamed rolls, uns rolos de sushi aos que prenden lume na mesa do comensal. Ademáis dos coñecidos roliños de arroz e peixe cru, en Sibuya tamén atopamos saladas con algas, baos recheos de cangrexo, langostinos crocantes, fumegantes cazoliñas de noodles, ou takoyakis, unhas boliñas de polbo semellantes as croquetas, típicas da rexión de Osaka.

Por onde empezar: Se é a túa primeira vez comendo con palillos o menú Sibuya Experience pode ser unha boa porta de entrada á cociña do país do sol nacente. Este menú degustación está composto por salada de algas wakame, sushi de salmón tempurizado bañado en salsa lixeiramente picante, o combo Top Sibuya, composto polas seis variedades de sushi máis populares do restaurante, un postre e un chupito de sake, unha augardente xaponesa con base de arroz. Prezo: 22,90 €

Praza de Compostela, 1
sibuyaurbansushibar.com
@sibuya_urban_sushi_bar

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.