Outro Conto organiza un festival para desterrar a gordofobia
Outro Conto abre unha campaña de crowdfunding para financiar Y se armó la gorda, un festival que se celebrará en varios espazos de Vigo durante os días 3 e 4 de xuño e que traerá a coñecidas activistascontra a gordofobia, como Mara Jimenez (Croquetamente) y Magdalena Piñeyro.
Alba Cobos quere armar a de demo en Vigo. A metade de Outro Conto irrumpiu con forza hai un ano co seu negocio de menús de comida rica e saudable que acompaña de activismo contra a gordofobia, a cultura da dieta e o canon estético único. Agora traslada esas ideas ao formato festival Y se armó la gorda e pon en marcha unha recadación de fondos en Verkami que lle permita levalo a cabo mantendo o equilibrio entre pagar todos os soldos necesarios e facelo accesible á cidadanía.
Como expresa na web de micromecenado Y se armó la gorda é un evento pensado para que todas as persoas, teñan o corpo que teñan, atopen “un espazo seguro de escoita, de debate, de acción e de autocoidado.“. O xérmolo desta idea está no rexeitamento social que a creadora experimentou ao longo da súa vida debido ao seu corpo e á cantidade de historias semellantes que recibe a diario a través de redes sociais, de persoas que sofren hullillacións e insultos. Pos iso, crear un espazo no que practicar o “autocoidado radical” é para Alba unha tarefa urxente.
No cartel, publicado na conta de instagram do certame, atopamos os nomes dalgunhas das activitistas antigordofobia máis coñecidas do momento. Está Mara Jiménez, coñecida polos vídeos de humor que comparte con case medio millón de persoas na súa conta @croquetamente__ e a escritora e formadora canaria Magdalena Piñeyro, autora de 10 gritos contra la gordofobia. Baixo elas, unha vintena de mulleres feministas e activistas, profesionales de diferentes áreas que ofrecerán, charlas, conversas, música, obradoiros e arte a quen se achegue ata Y se armó la gorda.
O crowdfunding está aberto na plataforma Verkami e podemos aportar desde 10 €, e recibir a pegatina e chapa do festi, ata 900 €, e desfrutar dunha clase de cociña e menú a domicilio de Outro Conto. No medio, unha ducia de opcións para poñer o noso gran de area a cambio de camisetas, bolsos menús semanais…ou de xeito desinteresado.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024