VIALIA
bannerPicnicSesions

Y se armó la gorda, o festival vigués contra a gordofobia

O festival Y se armó la gorda, encherá as rúas de Vigo de “autoamor radical’ este sábado 3 e domingo 4 de xuño con actividades gratuítas para todos os públicos. As activistas contra a gordofobia Mara Jiménez e Magdalena Pinyeiro encabezan o cartel do festival.

Hai un ano que Alba Cobo e Isaac Isaac Pujales irrumperon con forza co seu negocio de menús de comida rica e saudable Outro Conto, que acompañan de activismo contra a gordofobia, a cultura da dieta e o canon estético único. Agora Alba dá un paso máis, coa organización da primeira edición do festival Y se armó la gorda. Os días 3 e 4 de xuño Vigo encherase de todo tipo de actividades: obradoiros, charlas, concertos; dirixidas ao público adulto, adolescente e infantil. Todas as actividades son gratuítas, e se desenvolverán en diferentes espazos da cidade como o local de Emaús, o espazo MUTA ou a sala Mondo. Podedes consultar os horarios e toda a programación nesta ligazón.

Y se armó la gorda, contará coa presenza de grandes referentes do activismo gordo a nivel nacional coma Mara Jimenez (@croquetamente) ou Magdalena Pinyeiro (@magda_pinyeiro) que conducirán senllos obradoiros. Outros espazos de reflexión e participación tanto para adultas coma para adolescentes e crianzas serán guiados por activistas e profe-
sionais locais feministas
coma Priscila Retamozo do Comando de Igualdade, Lucía Coutado, Mariola Ffotoeduca, Lidia Folgar ou Lucía Trigo, entre outras. Tamén haberá micros abertos, pinchadas e concertos da man das artistas locais
Flow do Toxo, Nu.Eva, Andrea Nunes
… e a proxección dun filme da produtora galega Illa Bufarda. A programación infantil completarase con obradoiros de cociña consciente a cargo de Outro Conto e Marta Losada, e unha actividade de circo de man de Atípico.
O festival pretende situar a Vigo no mapa do activismo contra a gordofobia, tecer rede a nivel nacional e local con outras mulleres activistas que son referentes do activismo feminista gordo, construír unha comunidade libre de vergoña corporal e na que se celebre a diferencia e, sobre todo, converterse nun espazo de celebración.