CAMELIAS MASCOTAS

Ruta para vivir a túa Alma Atlántica este verán

Espumoso albariño, espumoso mencía rosé, sangría y sangría rosé. Alma Atlántica lanza unha liña de viños lixeiros, con burbullas e base de uva galega para maridar con todos os planazos do verán. Pedímoslle aos cociñeiros de El Temporal, O Tella e Gamboa Vinte unha ropsta de prato para redondear a experiencia.

https://www.facebook.com/100059594665642/videos/345639897751535

Desde a bodega Martín Códax propoñen coller o verán con toda a forza e a escuma que nos dá o noso océano o Atlántico. Volver aos concertos e festivais está xa máis que normalizado e basta botarlle unha ollada á axenda para constatalo. E as cores, os sabores, os sentimentos e as experiencias propias do estío? Facer a mochila cada semana e imitar o vaivén das olas con cada ida e vinda, cada quedada con amigos, cada celebración das que nunca temos suficientes. Esta marea de sensacións é a que Alma Atlántica nos transmite a través do spot que acaban de lanzar e que pode verse sobre estas liñas. Unha película extasiante e divertida para a que as artistas Guadi Galego e Paula Grande compuxeron o tema O que ha de chegar.

Ademais de desfrutar do anuncio o verdadeiro goce está en probar as catro variedades de Alma Atlántica: espumoso albariño, espumoso mencía rosé, sangría y sangría rosé. Diferentes entre si pero con cousas en común xa que todos están elaborados con variedades de uva galega, son frescos, divertidos e con burbullas e contan con baixa gradación alcólica , cun só 7 %. Para probalos in situ, preparamos tres planes en Vigo e arredores e pedímoslle a tres restaurantes que nos preparasen o seu maridaxe perfecto para cada variedade.

El temporal – Alma Atlántica Espumoso Mencía Rosé con peixe sapo e arroz verde

Intenso e aromático, con notas de cereixa e amorodos que nos fan lembrar as gominolas, pero refrescante grazas ás súas finas burbullas, froito da fermentación natural das uvas. Miguel Gómez, dono do restaurante El Temporal (Rúa da Reconquista, 4) propón rachar coas reglas e combinar un rosé espumoso cun prato de peixe. O cociñeiro confesa que así o bebe el mesmo e recomenda aos seus clientes, especialmente no verán cando os pratos quentes vénse deliciosamente contrastados pola onda de frescura deste espumoso con corazón de mencía.

O prato preparado polo chef de El Temporal ten como protagonista unhas fazulas de peixe sapo marcadas á prancha que acompaña cun arroz con xugo de clorofila, croques e un pouco de ali-oli.

O Tella – Alma Atlántica Espumoso Albariño con zamburiñas á prancha

Nesta taberna da praia de Arealonga o Atlántico vívese con todos os sentidos, pois a súa terraza ten vistas directas á praia e o mar, que se atopan a poucos metros. A cociña caseira e tradicional e o ambiente tranquilo teñen un punto de extraordinario e privilexiado en pleno verán. Julio e Nico, os irmáns á fronte do local non arriscan: un prato de zamburiñas á prancha combinará á perfección co espumoso de albariño.

O punto atrevido do menú pono Alma Atlántica Espumoso Albariño, uha bebida lixeira cun acertado balance entre notas doces e acedas, propias do tipo de uva. O romper das súas burbullas é como o das ondas que temos a carón.

REVISTA NOVEMBRO

Taberna Gamboa Vinte – Alma Atlántica Sangría con sardiñas aliñadas

Volvemos ao casco vello de Vigo para probar a variedade máis sorprendente deste verán: a primeira sangría deste lado do Atlántico elaborada a partir dunha equilibrada combinación de uva albariño, loureira caíño branco con saborosas notas cítricas.

En Gamboa Vinte, unha taberna moderna con paixón polos produtos locais e do mar, propoñen unha tapa fría para combater a calor dos días de verán e que conxuga de marabilla co frescor oceánico do viño. Trátase duns lombos de sardiñas elaborados ao estilo dos bocartes, mariñados en aceite de oliva, allo e perexil. A sinxeleza como filosofía disfrutona do verán.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.