Rosa Mª Laranxeiro (Manuela do Estanco)
Falando antes das entrevistas con vostedes, dixéronme que este ano incorpórase unha nova personaxe feminina, Manuela do Estanco, que papel desempeña na Reconquista?
O personaxe existiu de verdade. Era unha muller que era dona dun estanco e que, ao parecer, foi a persoa que comezou a roubar as armas aos franceses, empeza a mover as mulleres… a que crea a revolución
A guerrilleira, entón?
Si, como sempre. Ti xa sabes que as mulleres é o que facemos sempre. Ela foi a que comezou a revolución.
Aparece tamén como un punto de apoio para a personaxe de Aurora na representación, non?
Si, pero, ao parecer, Aurora non existiu na realidade e Manuela, polo contrario, si. Imaxino, tamén, que é para darnos protagonismo ás mulleres, que falta fai neste momento.
Por que este ano?
Porque houbo un historiador que dixo que si que existiu. Entón repartimos as personaxes femininas entre Aurora e Manuela e aumentamos os elementos como un carro de armas.
É a primeira vez que actúa na Reconquista?
Non, fixera anos anteriores de taberneira e de Aurora.
E cal prefires, a Aurora ou a Manuela?
A Manuela. É máis coma min (risos)
Hai unha Manuela dentro de ti, entón?
Si, penso que si (risos)
Eva M. Porto
Últimos posts de Eva M. Porto (ver todos)
- Pablo Rodríguez: «En Madrid vendeuse máis en galego que en castelán» - 11 Maio, 2020
- Ana Fontenla: «Hai moita calidade na literatura galega, creo que é unha bomba que vai estoupar» - 11 Maio, 2020
- Mónica Bernández e Miguel Lima: «O galego fai barrio e o barrio fai galegofalantes» - 11 Maio, 2020
- Miss Toxo, 50% haterismo e 50% feminismo - 16 Maio, 2019
- Coruxo Móvese pola inclusión - 7 Maio, 2019