REVISTA ABRIL

A chuvia obriga a aprazar a festa da Brincadeira

REVISTA ABRIL

A festa da Brincadeira prevista nun inicio para este domingo día 7 de abril acaba de ser aprazada ata o vindeiro domingo 5 de maio pola previsión de chuvia.

Os boucenses van ter que agardar ata maio para poder celebrar a expulsión das tropas napoléonicas. Aínda que tradicionalmente a Brincadeira se celebra sempre unha semana despois da Reconquista, este ano a ameaza de chuvia provoca que teñamos que agardar un mes para reconquistar as rúas de Bouzas.

A programación manterase para o 5 de maio e o mercado poderá visitarse a partir das 10:30 da mañá . Tanto a alameda Suárez Llanos como as rúas do barrio histórico encheranse de postos de comida e artesanía así como representacións dos gremios da época. Tampouco faltará a música, xa que ás 20:00 actuarán Os Coribantes de Buchabade para clausurar a festa.