UVIGO
FILLOAS

Rick Astley promete ‘non fallarnos’ en Castrelos

O Auditorio de Castrelos converteuse nunha máquina do tempo este verán. Transportounos á década dos ’60 con Tom Jones ata o máis actual con Leiva, pasando polos ’90 con Lauryn Hill e Fangoria. Este venres ás 23:00 é a quenda de Rick Astley, que nos levará aos ’80 co Never Gonna Give You Up.

Imaxe promocional de Rick Astley

A cita co cantante británico é este venres ás 23:00, ademais aínda quedan entradas dispoñibles para quen queira gozalo en primeira fila. Rick Astley foi unha das grandes estrelas do pop dos ’80 e éxitos como Never Gonna Give You Up leváronlle a conseguir o Brit Award for British Single.

O álbum co que debutou foi Whenever You Need Somebody no ano 1987, no que atopamos temas tan míticos como Together Forever ou o xa mencionado Never Gonna Give You Up. Tras este álbum, seguíronlle outros 3 discos ata 1993, ano no que decidiu retirarse un tempo debido á súa paternidade.

No ano 2001 Astley volve con ganas e así o fixo saber co álbum Keep It Turned On, ao que logo lle seguiron outros 3, o último en 2018 Beautiful Life. Un álbum cento por cento Rick Astley, xa que todas as cancións que podemos escoitar foron escritas e tocadas por el mesmo.

Ademais, nos últimos anos Rick Astley creou tendencia na internet xa que xurdiu o chamado rickrolling. Unha especie de broma ao usuario. Isto consistía en que moitas ligazóns que parecían rechamantes polo seu titular, levaban de súpeto ao seu Never gonna give you up. Estas bromas foron feitas por grandes empresas como Youtube, personaxes políticos ou mesmo en sinal de protesta, xa que como ben di o título, “nunca te fallarei”.

Así que, ben sexa para ser “rickrolleado” como para teletransportarte ao pasado, este venres tes unha cita en Castrelos co gran Rick Astley.

(GMT+01:00) Parque Castrelos

CAMELIAS NADAL
The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.