REVISTA ABRIL

Bisbal ilumina Castrelos pese á chuvia

Ansioso por saír, David Bisbal entrou con ganas ao Auditorio de Castrelos e así o demostrou en Quien me iba a decir, abrindo un espectáculo pasado por auga. A chuvia que ameazaba con cancelar o concerto, non puido cos milleiros de fans que levaban desde primeira hora da mañá esperándoo, e tampouco co almeriense, que o deu todo e non deixou de agradecerlle ao seu público a complicada espera durante toda a xornada.

REVISTA ABRIL

“Nin a chuvia vai pararnos”, gritaba o cantante á vez que se emocionaba diante dun público expectante. Logo engadíría “a min encántame poder estar preto de vós e da prensa porque o que me facedes sentir é incrible, quérovos”. Tanto é así que Bisbal non estivo quieto en ningún momento e ficaba máis co seu público, quen lle entregou un ramo de rosas, que no propio escenario coa banda. Unha vintena de cancións fixeron repaso ao seu longo repertorio destes 15 anos, desde Me derrumbo de Bulería (2004) ata Lo tenga o no de Hijos del mar (2016), pasando polo mítico Silencio de Premonición (2006).

O Auditorio de Castrelos estaba abarrotado de público de todas as idades e de todos os lugares. En primeira fila podían verse bandeiras do País Vasco, de Asturias e Venezuela, un público entregado e que coreaba xunto co almeriense cada unha das cancións do repertorio. Ademais, Bisbal non fallou ás súas coreografías e deixou ver os seus típicos pasos como o da a pirueta ou o movemento de pelve, algo que causou gran furor entre o público.

Logo de cantar, bailar, falar, gritar e emocionarse, o almeriense pechou esta cita co público de Castrelos cos temas que lle deron a fama, como son Bulería e Ave María. A pesar de non estar nin un minuto quieto sobre o escenario e de que pasou case todo o tempo preto do público, Bisbal non cesou de agradecer tamén aos seus compañeiros. Encomiounos e homenaxeou a cada un dos membros ofrecéndolles un minuto para que mostrasen as súas habilidades e ademais obrigounos a baixar con el ao público e así poder presentalos desde a proximidade.

The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.