UVIGO
FILLOAS

Os mellores plans nos arredores de Vigo para agosto

Empeza o mes de agosto e seguro que tamén as vacacións de moitos. Aínda non tes plans e apetéceche afastarte un pouco da cidade? A continuación as mellores propostas nos arredores de Vigo. Facemos un percorrido polos principais plans da provincia de Pontevedra (e un pouco máis aló da fronteira), desde o lugar máis preto ata o máis afastado.

A un cuarto de hora da cidade, atópase o Concello de Redondela, onde cada ano, no penúltimo sábado de agosto, celébrase o aclamado Entroido de Verán. Hai que agardar ata o 24 de agosto para poder gozalo, así que mentras propoñémoste outros plans aínda que estén un algo máis lonxe.

A media hora en coche podemos chegar a Nigrán, un concello que intensifica a súa actividade nos meses de verán. Plans singulares son os que cada ano ofrecen os os seus dous típicos pazos, o de Urzáiz e o de Cea:

No Pazo de Urzáiz:

  • O sábado 17 de agosto concerto tributo ABBA, Dancing Queen.
  • O venres 23 de agosto concerto The Refrescos.

No Pazo de Cea ‘La Fiesta Verano’ o xoves 15 de agosto:

  • Concerto ao aire libre no xardín: 20:00 Iván Ferreiro | 22:00 DJ Ramone.
  • Concerto pechado no salón: 00:00 Mikel Erentxun | 02:00 Broken Peach.

Tamén a media hora podes acudir ás Festas da Peregrina na cidade de Pontevedra, onde este ano os concertos da Praza de España son moi prometedores:

  • O sábado 10 de agosto concerto de Tequila + Fondo Norte.
  • O domingo 11 agosto concerto Ana Belén.
  • O luns 12 de agosto concerto Máxima In Sessions.
  • O martes 13 de agosto concerto Rozalén.
  • O mércores 14 de agosto (Praza da Ferraría) concerto Fredi Leis.
  • O xoves 15 de agosto concerto MITIC.
  • O venres 16 de agosto concerto Iván Ferreiro.
  • O sábado 17 de agosto concerto Beret.
  • O domingo 18 de agosto concerto Lola Índigo.

Un pouco máis ao norte, a 55 km da cidade, encontramos o cartelazo do Maestral Music Fest en Sanxenxo que trae unha chea de concertos para todo o mes de agosto e que terán lugar no Parque Empresarial de Nantes:

  • O xoves 8 de agosto concerto Rulo Y La Contrabanda.
  • O venres 9 de agosto concerto David Rees
  • O sábado 10 de agosto concerto Andrés Balado
  • O luns 12 de agosto concerto Noche Sabinera
  • O martes 13 de agosto concerto Black Light Gospel Choir
  • O xoves 15 de agosto concerto Roi Méndez
  • O venres 16 de agosto concerto Raimundo Amador
  • O sábado 17 de agosto concerto Salvador Sobral
  • O domingo 18 de agosto concerto Luar Na Lubre & Track Dogs
  • O lunes 19 de agosto concerto Alfred García
  • O martes 20 de agosto concerto God Save The Queen
  • O miércoles 21 de agosto concerto Pablo López
  • O xoves 22 de agosto concerto Pastora Soler
  • O venres 23 de agosto concerto Vanesa Martín

E se seguimos subindo atopamos dous plans imprescindibles, aos que non se debe faltar se visitas Vilagarcía de Arousa:

  • Festival Revenidas do venres 9 ao domingo 11 de agosto no Porto de Vilaxoán. Podes coñecer a programación musical dos tres días aquí.
  • Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa considerada Festa de Interés Turístico Nacional, o 16 de agosto ás 12:00 aínda que a madrugada do 15 haberá verbena con motivo da festividade.

Un dos epicentros da música en directo no verán é o Náutico de San Vicente do Mar, en O Grove. Aquí cada ano reúnense numerosos artistas para dar concertos nun espazo moi acolledor e íntimo. Unha variedade de actuacións case diarias nas que poderás gozar con Coque Malla, Leiva, Iván Ferreiro, Rufus T Firefly, Anni B Sweet ou Lori Meyers entre outros moitos. Se queres coñecer máis sobre a programación que ofrece o Náutico podes entrar aquí.

Ao outro lado da fronteira, no país veciño, temos o EDP Vilar de Mouros, o festival máis antigo de toda a península Ibérica, cuxos inicios datan da década dos sesenta. Situado no municipio de Caminha, limitando con Galicia, este ano terá lugar do 22 ao 24 de agosto e contará con bandas internacionais de primeiro nivel, como The Offspring, Prophets of Rage, Maniac Street Preachers ou The Cult. Podes conseguir aquí as entradas.

Apunta todos estas datas na axenda e non perdas a oportunidade de sair do bullicio da cidade e gozar dalgún dos plans que están a esperar nos arredores de Vigo.

CAMELIAS NADAL
The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.