VIALIA
bannerPicnicSesions

Un exitoso Marisquiño enfila cara unha XX edición memorable

Dezanove anos servindo de escaparate da cultura e os deportes urbanos e a un ano de celebrar o seu 20 aniversario, O Marisquiño recibe como regalo adiantado un balance extraordinario desta décimo novena edición. Estímase que arredor de 150.000 persoas se achegaron nestes catro días ao entorno das Avenidas. Unha cifra que deixa, sen ningunha dúbida, un gran sabor de boca aos organizadores, que xa pensan no espectáculo co que nos sorprenderán no 2020. (Fotos: Uxía S. e Pablo V.)

O festival urbano máis importante de España recolle os seus espazos de Skateboarding, BMX, Dirt Jump, MTB Downtown, BMX Flatland, Break-dance, Football Freestyle e Basket 3×3 ata o ano que vén. Unha edición que deixa con bo sabor de boca a organización, tras os difíciles momentos vividos o ano pasado co derrubamento de parte do paseo de As Avenidas durante unha das actuacións musicais. Sumándose ademais a incertidume destes días xa que a inestabilidade climática podería ter suposto a cancelación das competicións.

Durante estas catro xornadas Vigo encheuse de afeccionados aos deportes urbanos que puideron gozar das peripecias de grandes deportistas internacionais na contorna do Náutico. Na fin de semana, a chuvia respectou o evento de maneira que se puideron celebrar sen problema as competicións de tódalas modalidades. Tamén se puido desenvolver sen impedimento o MTB Downtown, unha das probas que máis expectación levanta pola súa espetacularidade. Para completar toda esta actividade, O Marisquiño tamén ofreceu gastronomía, actividades para os pequenos, música e arte. A organización estima que ao longo do evento pasaron por As Avenidas arredor de 150.000 persoas.

O Marisquiño 2019 apostou pola innovación e a renovación destacando a versión kids que contou con numerosas actividades para os máis peques da casa. A reestruturación dos espazos mellorou o tránsito entre os diferentes espazos e permitiu que houbese un maior número de postos de roupa e alimentación. Un evento que ademais de contar con nomes moi recoñecidos, apostou por marcas non tan coñecidas que están crecendo rapidamente sobre todo no ámbito xuvenil, como poden ser Kaotiko (BCN) ou The Graphics Project (Vigo).

Este ano O Marisquiño supuxo un empurrón tras o acontecido o ano pasado. Esta edición deixa o listón moi alto para o 2020, aínda que os organizadores aseguran que será igual e mesmo mellor. Pero do que xa ninguén parece ter dúbida é de que será aquí, en Vigo.

RESULTADOS DAS COMPETICIÓNS:

SKATEBORDING

  • World Cup Skateboarding. Modalidade Street Mulleres
  1. Keet Oldenbeuving 2. Aldana Bertran 3. Andrea Benitez
  • World Cup Skateboarding. Modalidade Street Homes
  1. Ivan Monteiro 2. Bruno Senra 3. Angelo Caro
  • World Cup Skateboarding. Modalidade Minihalf
  1. Danny León 2. George Poole 3. Rafa Bocanegra

BMX QUEIMADA CONTEST

  • Categoría Open Park Pro Homes
  1. Sergio Layos 2. Tom Justice 3. Daniel Peñafiel “Naran”
  • Categoría Street Pro Homes
  1. Courage Adams 2. Fernando Laczko 3. Corey Martínez
  • Categoría Master Mulleres
  1. Lara Lessman 2. Teresa Fernández-Miranda 3. Sivan Cole
  • Categoría Master Homes
  1. Adrián Ventureira 2. Bernat Rigau 3. Francisco Díaz

BMX FLATLAND

  1. Alberto Moya 2. Kevin Nikulski 3. Iñigo Arroyo

FMB DIRT JUMP GOLD EVENT FINALS

  1. Tom Isted 2. Max Fredriksson 3. Alex Alanko
  • Best Trick Big Jump: Alejandro Bonafe

MTB DOWNTOWN

REVISTA ABRIL
  • Homes
  1. Edgar Carballo González. 1:07.863 2. Joel Antón Costa 3. Marcos Veiga Amado
  • Mulleres
  1. Eva Castro Fernández. 1:22.859 2. Estefanía Cabarcos Beceiro 3. Rosi Martínez Pérez

BASKET 3X3 HOMBRES

  • Categoría Senior
  1. Titans 2. No Spain no Gain
  • Categoría Junior
  1. Monchitos 2. Pioners

FOOTBALL FREESTYLE

  • Mulleres
  1. Paloma Pujol (representará a España na final mundial) 2. Chaima Khouya 3. Erna Liewald
  • Homes
  1. Álvaro López (representará a España na final mundial) 2. Sergio Sánchez 3. Moha El Khayari

BREAK-DANCE

  1. XVII Generation
The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.