CAMELIAS MASCOTAS

Regala arte: mercados de Nadal para todos os gustos

O Nadal é a época idónea do ano para realizar pequenos mercados artísticos e de artesanía, e aínda que este ano todos eles terán que adaptarse as restriccións pertinentes. A continuación deixámosvos uns cantos para que realicedes as vosas compras natalicias (e algún auto-agasallo, por que non?)

Este ano non haberá o gran mercado de Nadal na Alameda | P. Vázquez

POP UP MARKET (2 dec. – 5 xan. / Rúa Policarpo Sanz 20)

Mercado formado por un total de 13 marcas, todas galegas, de artigos infantís, bisutería, cerámica, moda feminina, cosmética natural, libros infantís, pulseras náuticas, calcetíns, carteiras minimalistas, sacos térmicos, ilustración e caricaturista. Abren de luns a sábado de 11h a 14h e de 17h a 21h e o domingo de 12h a 14h e de 17h a 21h. Podes consultar algúns dos produtos na súa conta de Instagram.

FCKD*MRKT (18-23 dec. / F**k this Studio, Galerías Plata, Urzáiz 83)

As rapazas de F**k this Studio, un novo espazo creativo nado o pasado verán, teñen preparado un mercado artístico de cinco días cun total de 20 creadores e creadoras de diferentes disciplinas. O seu horario vai de 11:00 a 13:30 polas mañás e de 17:00 a 20:30 polas tardes. A súa conta de Instagram é @fuck_this_studio

SOS MÚSICA (19 dec – 5 xan / A Casa de Arriba, Rúa Martín Códax 23)

Este ano, debido a mala situación que está a pasar o mundo do espectáculo, A Casa de Arriba organiza esta feira musical na que poderás mercar diferentes pezas de merchandising de artistas locais e nacionais como Basanta, Eladio y los Seres Queridos, The Soul Jacket, Indy Tumbita, Nacho Vegas, León Benavente, Rufus T Firefly

24×31 (23 dec – 3 xan / Online)

24×31 é a primeira acción solidaria que realiza o colectivo fotográfico FVCK. Consiste nun mercado online de fotografía de autor na que participarán 33 fotógrafos/as. A pesar de que haberá unha copia de cada fotografía na Sala de exposicións de Sargadelos (Urzáiz 17), para adquirilas é necesario realizar o trámite a través de dementeediciones.com. As imaxen irán sen firmar, polo que non saberás o nome do autor/a ata despois de mercala. Terán un prezo unitario de 30€ e unhas medidas de 24×31.

OFEITOAMÁN (18 dec – 5 xan / Online)

REVISTA NOVEMBRO

A feira de artesanía Ofeitoaman, un habitual nestas datas, non se celebrará de forma presencial por primeira vez desde 1985. A organización habilitará unha sección na súa páxina web (www.ofeitoaman.org) para que os interesados poidan contactar directamente co case medio centenar de expositores que participan nesta edición.

EU REGALO LOCAL (4 dec – 5 xan / Online)

Nós tamén nos queremos sumar á iniciativa de apoiar ao noso comercio, polo que lanzamos a plataforma Eu Regalo Local, un directorio que funciona como escaparate online de multitude de establecementos vigueses. Atoparás de todo: produtos típicos do Nadal, xogos, libros, música, decoración, roupa, complementos, cosmética, tratamentos, cousas para o fogar, ilustracións…