VIALIA
PLAYDOC

Este Nadal regala as camisetas máis viguesas

Despois do éxito e de varias peticións volvemos a poñer á venda camisetas, libretas e chapas cos lemas da campaña de carteis adaptados as costas de Vigo. Todas as persoas interesadas deben facer o seu pedido antes do venres 15 de decembro a través de correo electrónico ou whatsapp.

‘Hai movidas que só pasan en Vigo’, ‘Gústasme máis que unha vigopass con vinte euros’, ‘As mellores praias de Ourense están aquí’, son algunhas das proclamas que agora cobran vida en forma de camiseta, libreta ou chapa. Se queredes facervos con algún dos elementos desta colección exlusiva só tedes que enviar un correo electrónico a promo@amovida.gal ou un whatsapp ao 604 013 059 co voso pedido antes do venres 15 de decembro para que cheguen a tempo e os poñades poñer baixo a árbore de Nadal.

No correo electrónico debedes indicar que elemento queredes (camiseta, libreta ou chapa), con que proclama, cor (branca ou negra no caso das camisetas e branca, negra ou vermella no caso das libretas e chapas) e no caso das camisetas talla (deixamos aquí documento cos talles do fabricante). O pedido darase por confirmado cando se realice o pago, no email de resposta daremos os pasos a seguir.

PREZOS: Camiseta 18,00 € | Libreta 8,00 € | Chapa 2,00 €

MODELOS

*As cores das camisetas son intercambiables

PACKS SUBSCRICIÓN + MERCHAN

Como sabedes A Movida é un medio gratuíto que se sustenta da publicidade e das subscricións. Os subscritores, ou #Amovidalovers como lle chamamos nós, reciben a revista cada mes na casa e participan en sorteos exclusivos. Se queredes apoiar o noso proxecto, un medio de comunicación cultural independente e en galego, agora podedes subscribirvos escollendo un destes packs:

REVISTA ABRIL

Pack 1: ¿Cuándo se come aquí?
Subscricción + chapa – 25,00 €

Pack 2: Galicia Caníbal
Subscricción + 2 chapas + libreta – 35,00 €

Pack 3: Devocionario
Subscricción + 2 chapas + libreta + camiseta – 55,00 €