CAMELIAS MASCOTAS

Rafa Centeno volverá cociñar no “restaurante máis pequeno do mundo” do Barbeira Season Fest

Hoxe presentouse en Baiona a reapertura do “restaurante máis pequeno do mundo na provincia máis grande do mundo”, unha iniciativa gastronómica ligada ao Barbeira Season Fest, comandada por Rafa Centeno, chef Estrella Michelín do restaurante Maruja Limón.

Obtén 5€ de desconto na túa entrada do Barbeira Season Fest co código AMOVIDA

En agosto reábrese o Rías Baixas, o restaurante máis pequeno e efémero do mundo, situado en Baiona na beira do mar. A proposta conta cunha carta deseñada polo chef con Estrela Michelín Rafa Centeno, dará servizo durante só 15 días, entre o 15 e o 30 de agosto, e terá unha única mesa que ocuparán un máximo de 10 comensais.

REVISTA NOVEMBRO

O chef Rafa Centeno destacou que a carta do Rías Baixas sobresairá por ser unha homenaxe á esencia do produto galego de calidade e será tamén “un paseo por toda a nosa costa desde un entorno idílico como o de Baiona”. “Imos facer que os comensais vivan unha experiencia divertida e coñezan as raíces dos produtos de Galicia”.

Este será o segundo ano que o Barbeira Season Fest inclúa na súa programació o restaurante máis pequeno do mundo e o primeiro en ser bautizado como Rías Baixas. Dado o nreducido número de comensais, será preciso facer unha reserva a través da web do festival.

A gastronomía é un dos atractivos do Barbeira Season Fest, pero non o único: Depedro, Carolina Durante, León Benavente, La Habitación Roja ou Zahara son algunhas das bandas que subirán ao escenario da edición máis ambiciosa do Barbeira Season Fest, que se celebrará en Baiona do 31 de agosto ao 4 de setembro. Aquí podes consultar o cartel por días. As entradas xa se poden comprar nesta ligazón, empregando o código: AMOVIDA, recibiredes 5€ de desconto no abono ao festival.


The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.