VIALIA
bannerPicnicSesions

O Barbeira Season Fest tamén é para os máis pequenos

O último festival do verán vén cargado de actividades gratuítas para os máis cativos. O Barbeira Season Fest que terá lugar o vindeiro sábado 21 na praia de Barbeira en Baiona, contará coa actuación de Javier Becerrá, obradoiros de reciclaxe, Hoolahop, danza e tamén bautismos de Paddle Surf.

O sábado día 21 pequenos e maiores poderemos despedir o verán no Barbeira Season Fest, que vén de anunciar a súa programación gratuíta entre a que inclúe actividades para os máis pequenos. Los Punsetes, La Habitación Roja, Cecilio G., Cariño Boyanka Kostova e La Bienquerida encabezan o cartel musical dun festival que tamén ofrecerá charlas, exposicións e alta gastronomía. Pero desde o festival non se esquecen do público miúdo e teñen preparadas diferentes actividades.

O xornalista e divulgador Javier Becerra presentará o seu libro ¡Esto es pop! cunha charla interactiva a través da que achega aos pequenos á música pop e lles dá a coñecer a artistas como The Beatles, Aretha Franklin, David Bowie ou Beyoncé. Tamén haberá obradoiros de reciclaxe; a Fundación Niños ensinará á cativada que todas as cousas que nos rodean, incluso aquelas que moitas veces rematan no fondo do mar, poden ter unha segunda vida. Os máis intrépidos poderán participar nos bautismos de paddle surf e aqueles que queiran mover o esqueleto poderán aprender a manexar o Hulahoop ou participar nalgunha das coreografías improvisadas a cargo de L’Danzia.

(GMT+01:00) Praia da Barbeira