REVISTA ABRIL

O Barbeira Season Fest anuncia o cartel por días

Carolina Durante, León Benavente, La Habitación Roja ou Zahara son algunhas das bandas que subirán ao escenario da edición máis ambiciosa do Barbeira Season Fest, que se celebrará en Baiona do 31 de agosto ao 4 de setembro. As entradas xa se poden comprar nesta ligazón, empregando o código: AMOVIDA, recibiredes 5€ de desconto no abono ao festival.

Barbeira Season Fest 2020 | M. H. Soto

Hoxe saíron á venda as entradas por día do Barbeira Season Fest, que este ano prolonga a súa duración e ten preparados cinco días de música en directo en Baiona. O festival arrancará o mércores 31 cunha presentación na que poderemos gozar da actuación de varios grupos sorpresa. O xoves día 1 comezará a notarse xa toda a potencia do cartaz desta edición con León Benavente, Carolina Durante, Bala, Anabel Lee e Señora DJ. O venres día 2, o prato forte será o Concerto Vibra Mahou que traerá a un novo cabeza de cartaz aínda por desvelar, e que subirá ao escenario no que tamén estarán La Habitación Roja, Morreo, Diamante Negro, Emilia, Pardo y Bazán y DJ Moderno. Para o sábado 3, a organización ten preparada unha noite na que as mulleres serán as protagonistas: Zahara, Maika Makovski, a portuguesa Capicúa e as bandas emerxentes, Cora Yako, Miniño, Estrella Fugaz, Tú peleas como una vaca, Marta Movidas, DJ Moderno e EME DJ.
O domingo día 4, para pechar esta edición, a organización ten previsto unha mañá emocionante coa “Romaría Punk by Rei Zentolo” e a actuación dun grupo galego que polo momento manteñen en segredo.

O festival contará unha vez mais co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que crea encontros arredor do directo. Agora que o público xa coñece o cartaz por días do festival, pode mercar na súa web as entradas por xornada, a 25 euros, ou o abono para desfrutar da experiencia Barbeira na súa totalidade (40 euros) introducindo o código AMOVIDA, recibiredes un desconto de 5€ no prezo do abono.