CAMELIAS MASCOTAS

Que facer en Vigo esta fin de semana

Traemos dez apetitosas propostas para gozar desta fin de semana de outono en Vigo. Teatro, música, monólogos, obradoiros para os pequenos da casa.. do venres 18 ao domingo 20 de novembro. Para todas as actividades pódese ampliar a información premendo no título. Encontra moitos máis eventos para esta fin de semana en Vigo na axenda de eventos de A Movida.

Inés Hernand e Nerea Pérez de las Heras ‘Saldremos Mejores’

MARXE’22 – Venres e domingo no CC Vialia en varios horarios – Desde 5€
Festival Internacional de Videopoesía no que artistas de diferentes partes do mundo comparten as súas creacións poéticas. O público poderá asistir a recitais, concertos, micro aberto e un obradoiro de poesía expandida.

Orlando – Venres, sábado e domingo ás 20h na Sala Ártika – Desde 10€
TeatroDeFondo representa a famosa obra de Virginia Woolf. Unha aventura a través da historia e a cultura de Europa; unha oda á beleza, a imaxinación e a vida; unha viaxe que convida a escribir nosa propia historia desde a alegría e o asombro.

Arcos e Espadas da OV430 – Venres ás 20h no Pazo da Oliva – 6,5€
O recén restaurado Pazo da Oliva abre as súas portas á Orquestra de Vigo. O violinista e historiador Cibrán Pérez invítanos a un turbulento percorrido polos séculos XVII e XVIII: Liortas, duelos e batallas enfiados con pezas escollidas de Bach, Händel ou Corelli.

Saldremos Mejores – Venres ás 21h no Teatro Afundación – Desde 14€
As cómicas e influencers Inés Hernand e Nerea Pérez de las Heras traen unha versión en directo do seu podcast, onde falarán de xeito humorístico das noticias que están a acontecer estes días. Onde van os teus impostos, os teus dereitos como autónoma, para que está a institución da Coroa en España ou se a UE é xusta con Murcia, son algúns dos temas que tratarán.

Chungo de Luis Zahera – Venres ás 22.30h en Island Club – Desde 16€
O actor e cómico galego Luis Zahera estará en Vigo presentando seu espectáculo ‘Chungo’. Unha velada na que descubriremos numerosas anécdotas tanto da súa vida persoal como profesional ao longo da súa traxectoria.

100 anos do Máis alá! – Sábado ás 11h no Paseo de Alfonso
Percorrido pola cidade, pasando polos lugares que teñen relación co escritor Manuel Antonio e a súa estadía en Vigo, no ano do centenario do manifesto ‘Máis alá!’ escrito o 28 de xuño de 1922.

Taller infantil Corpos – Sábado ás 11h no MARCO
Igual Arte organiza un taller de creación infantil baseado na actual exposición do Museo Marco Corpos, na celebración do 20 aniversario da Fundación. A actividade estará a cargo da empresa de animación do centro ocupacional, Variopinto.

REVISTA NOVEMBRO

Científicos por un día – Sábado ás 12h na Biblioteca Juan Compañel
Os nenos poderán achegarse ao mundo da ciencia grazas a esta actividade interactiva de Ciencia Kids, onde farán experimentos eles mesmos. Unha boa maneira de divertirse á vez que aprenden e fomentan a súa curiosidade.

Concerto de Alice Wonder – Sábado ás 21.30h no Teatro Afundación – 15€
Momentos Alhambra Acustiquísimos retomou os seus concertos nos que se dilúe a barreira entre os creadores e a audiencia. Alice Wonder é unha das artistas imprescindibles da escena estatal actual e será a responsable de pechar a quinta edición do ciclo coa presentación, en acústico, do seu último disco Que se joda todo lo demás.

Fear Of Missing Out + Expo + Charla – Domingo ás 17h na Sala Rebullón
O grupo de metal Fear Of Missing Out presenta o seu disco Disorders, con letras dirixidas a reivindicar a necesidade de recursos para tratar ás persoas con enfermidades mentais. Tamén sobre este tema, haberá una exposición do artista Carlos Asorey e unha charla sobre a saúde mental postpandemia cos psicólogos de Mentiness.