REVISTA ABRIL

Percorrido '100 anos do manifesto Máis alá!'

19nov11:00Percorrido '100 anos do manifesto Máis alá!'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+01:00) Olivo de Paseo Alfonso XII

Detalles do eventos

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo ‘100 anos do manifesto Máis alá!’, tendo como fío condutor a Manuel Antonio e a súa estadía en Vigo. Celebramos os cen anos deste manifesto das vangardas galegas, da autoría do propio Manuel Antonio e o ilustrador Álvaro Cebreiro.

O 28 de xuño de 1922 saía do prelo da Editorial Nós o manifesto Máis alá!, unha chamada á xente moza (Agora compre-vos dicir, mozos d’a nosa Terra, si pensades seguir indo costa abaixo pol-o tempo ou encarados c’o porvir) a optar por un novo camiño que a arrede dos vellos, sendo estes os que escriben no presente como se estivesen ancorados de por vida no pasado. Mais esta crítica aos do pasado tamén se comparte co presente, con todos aqueles que viven das imitacións (Arrenegamos de toda imitanza. A d’os vellos en nome d’a Vida; a d’os novos en nome dá Novedade. (…)

Manifesto redactado en galego, traducido ao francés e inglés, e axiña enviado a revistas francesas, italianas, checoslovacas, norteamericanas e holandesas. Dende este o noso país estremeiro podemos e chegamos a todas as nacións sen por iso renunciarmos á lingua porque ‘A nosa Fala é nosa. Pospol-a a outra calquera, é unha forma d´o suicidio’.

Sábado 19 ás 11:00
Punto de encontro: Oliveira do Paseo de Afonso XII
Asistencia libre e de balde

PERCORRIDO

  1. Manuel Antonio (fonte do Paseo de Afonso XII)
  2. Pinacoteca de Vigo (rúa de Abeleira Menéndez)
  3. Fundación Penzol e Fundación Fernández del Riego (praza da Princesa)
  4. El Pueblo Gallego (praza do Pobo Galego)
  5. Cine-Teatro Tamberlick (rúa de Eduardo Iglesias)
  6. Paz Andrade e Antón Beiras (rúa de Policarpo Sanz)
  7. Teatro García Barbón (rúa de Policarpo Sanz)
  8. Casa de Fernández del Riego (Alameda de Vigo)
  9. Manuel Gómez Román (rúa de Montero Ríos)
  10. Manuel Antonio, Navy Bar (rúa de Montero Ríos)

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+01:00)

Localización

Olivo de Paseo Alfonso XII

xii 36202, Paseo de Alfonso XII, 7, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events