VIALIA
bannerPicnicSesions

Fear Of Missing Out + Expo + Charla

20nov17:00Fear Of Missing Out + Expo + CharlaCONCERTOS | - 17:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Sete persoas con distintos trastornos mentais compuxeron as letras de ‘Disorders’, o disco do grupo Fear Of Missing Out, que actúa o domingo 20 de novembro na Sala Rebullón, nun concerto que destinará os seus fondos á Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES).

Os asistentes poderán gozar dun concerto de metal, pero tamén contarán coa exposición de ilustracións que explicará in situ o autor, Carlos Asorey; ademais dunha charla sobre saúde mental tras a pandemia impartida por unha psicóloga de Mentiness.

Este é un proxecto liderado polo músico Carlos Morales que intenta normalizar a saúde mental, ademais de reclamar máis recursos para o seu tratamento. O autor recoñece que actuar xunto ao antiguo hospital psiquiátrico do Rebullón ten unha simboloxía especial. O grupo está formado por músicos de distintas bandas que decidiron colaborar e curiosamente as letras foron compostas por persoas con depresión, anorexia, TOC, esquizofrenia, trastorno bipolar, TLP e autismo. 

O disco ‘Disorders’ saíu en 2019 e xa deron varios concertos en Galicia e fóra. Agora queren chegar a cidades que teñan facultade de Psicoloxía. O seu vindeiro proxecto é un disco sobre refuxiados e de novo propoñerán que escriban as letras persoas nesta situación chegadas de Siria, Ucrania e outros países.

Domingo 20 ás 17:00

Máis

Hora

(Domingo) 17:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events