Pin Factory, aprendendo o oficio da moda
O que empezou como unha escola de corte e confección iniciada hai tres décadas por Beatriz Novas é agora un centro de formación específica en Deseño de moda, cuns estudos superiores de tres anos que abranguen o coñecemento necesario para traballar no sector téxtil, e outros cursos monográficos.
Pin Factory é un centro de formación específica en estudos de Deseño de Moda e en todas as disciplinas que conforman o perfil profesional, técnico e creativo, máis demandado polas empresas do sector Téxtil e Moda. O seu sistema formativo ten como obxectivo principal desenvolver as capacidades e habilidades do alumnado, conxugando en todas as materias un enfoque técnico e creativo.
Os estudios superiores en Deseño de moda comezan en outubro e preparan ao alumnado exhaustivamente para o eido laboral mediante materias como Comunicación, Confección, Deseño, Edición, Estilismo, Fotografía, Ilustración ou Patronaxe. Ao longo de tres anos aprenderás conceptos teóricos e prácticos para elaborar proxectos coherentes, complexos e que expresen as túas inquietudes sociais, estéticas, vitais, políticas, éticas e medioambientais. Desde Pin Factory apostan polo diálogo contínuo con profesionais doutros eidos, como a socioloxía, psicoloxía, antropoloxía, arquitectura ou enxeñería. Traballarás con todas as ferramentas gráficas, manuais e dixitais, que che permitirán unha correcta comunicación das túas ideas.
Outras alternativas formativas son o curso intensivo anual ou os monográficos cunha duración de entre 20h e 40 h de Creación dixital de estampados, Dirección de arte e fotografía paras redes sociais, Iniciación á fotografía artística, Patronaxe experimental ou Presentación dixital de coleccións. O centro ofrece unha visión de 360 graos dun mundo tan cambiante como é o da moda, en que o manual e o dixital van da man para chegar a un público moi heteroxéneo.
Un sábado ao mes organizan charlas con profesionais do mundo da moda para falar do seu traballo, percorrido e experiencia. Inauguran este ciclo o sábado 24 de setembro con Aroa Veiga, experta en patronaxe e asistente do recoñecido patronista xaponés Shingo Sato, especialista en técnicas de patronaxe creativo e experimental, durante varios anos.
Rúa do Padre Ramón María Aller, 4 | pinfactory.es | 986 43 72 68 | info@pinfactory.es | @pinfactory_
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024