CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Pin Factory ofrece os monográficos para converter a paixón pola moda nunha profesión de futuro

A escola de moda Pin Factory, con máis de 30 anos de experiencia e dirixida pola recoñecida patronista Beatriz Novas, ten aberta a inscrición dos seus cursos monográficos que exploran aspectos concretos do deseño, a produción e a comunicación da moda, sempre coa creatividade e a innovación como marcas da casa.

O obradoiro da escola de moda Pin Factory

O obxectivo fundamental dos cursos monográficos de Pin Factory é o de ofrecer unha visión xeral da escola e introducir certas materias desde o punto de vista teórico e práctico. Desde o centro recoméndanos especialmente como toma de contacto co centro ou para afondar nun tema concreto do deseño téxtil, desde a Pintura sobre prenda, ata o Editorial de moda, sen esquecer as Técnicas de corte e confección ou Patronaxe.

Actualmente, a matrícula está aberta para dous cursos monográficos que comezan o próximo luns, 8 de marzo: Deseño textil e Estilismo, cunha duración de 30 e 40 horas, respectivamente, e ambos en horario de tarde. Os grupos son reducidos, de entre cinco e oito persoas, o que permite un seguimento personalizado, así como o cumprimento das medidas sanitarias. 

CAMELIAS NADAL

No monográfico en Deseño textil, o alumnado aprenderá a desenvolver patróns de formas que despois poderá aplicar sobre prendas de vestir, así como en textís do fogar e outros materiais como papelería ou soportes dixitais. O obxectivo é que o alumnado coñeza diferentes estilos, probe as técnicas e experimente cos materiais para atopar a súa propia linguaxe. Tamén se traballará na preparación dun portfolio como deseñador de estampados. Este programa está impartido polo ilustrador Iván Rodríguez, un profesional con experiencia como deseñador en cine, televisión e publicidade, así como no mundo da moda e da docencia. 

Por outra banda, o monográfico en Estilismo está pensado para aquelas persoas que queiran aprender a “comunicar unha idea ou discurso a través da elección de prendas e creación de looks”. Nel o alumnado aprenderá a producir unha sesión de fotografías ou un vídeo promocional, así como as bases para facer a creación de estilismo, ben para persoas particulares ou para a posta en escena en redes sociais, cine ou teatro. O profesor do curso é Jandro Villa, Premio Nacional ao mellor deseñador novo (2011) e estilista e director de arte para medios de comunicación, o Centro Coreográfico Galego, a produtora Esmerarte ou a Fundación Celta de Vigo.

Ademais destes dous monográficos, durante o presente trimestre impartiranse outros catro cursos en Pin Factory, para os que xa non quedan prazas dispoñibles. Estes son Tinguido con shibori, unha técnica manual xaponesa cun resultado estilo tie dye; Bordado con volume; Corte e confección e Patronaxe. As persoas interesadas nestes monográficos poderán inscribirse igualmente e comezar na próxima quenda. Así mesmo, a escola ten outros 7 programas monográficos que se realizarán ao longo do ano e dos que é posible atopar información na súa páxina web.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.